aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Beneficios de Ser Socio Cersia Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Trámites On-Line. Certificados de Origen http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Certificación Digital

04/12/2019:  Medio centenar de empresas coñeceron os novos Incoterms 2020 na Cámara de Comercio de Santiago

A Cámara de Comercio de Santiago acolleu esta mañá a Xornada Os Novos Incoterms 2020, en colaboración co Banco Sabadell. Fernando Pérez-Soba, Responsable de Internacionalización da Cámara de Comercio deu á benvida ao medio centenar de empresas que asistiron e presentou o ponente da xornada, Javier Balbín, Director de Negocio Internacional de Banco Sabadell D.T. Noroeste.

O pasado 29 de maio a Cámara de Comercio Internacional ( ICC) aprobaba o texto da nova versión dos Incoterms, os Incoterms 2020, no marco dos actos conmemorativos de celebración do seu centenario. Os novos Incoterms 2020 entrarán en vigor o próximo 1 de xaneiro de 2020. 

Esta mañá na Cámara de Comercio de Santiago puidemos coñecer algunhas das novidades máis destacables. 

-          Unha das prioridades para a Cámara de Comercio Internacional foi que esta nova edición sexa máis simple e accesible. Para iso, pasou das notas orientativas a unhas notas explicativas máis detalladas, incluíndo información gráfica a fin de ilustrar as responsabilidades de importador e exportador para cada regra Incoterms. Con este mesmo obxectivo, reordenou os seus artigos dunha forma máis lóxica, destacando principalmente entrega, riscos e custos. 

-          Mantéñense 11 termos Incoterms, aínda que con algún cambio. Coa nova versión, o termo DAT ( Delivered At Terminal) cambia o seu nome a DPU ( Delivered at Place Unloaded). Con este cambio quíxose sinalar que o lugar de destino pode ser calquera lugar, non só unha terminal.

 -          Diferéncianse os niveis mínimos de cobertura do seguro nos Incoterms CIF e CIP. Nos Incoterms 2010, ambas as regras incorporaban a obrigación para o vendedor de contratar un seguro con polo menos a cobertura mínima, por exemplo, a máis habitual, a cobertura ICC ( C) do Instituto de Aseguradores de Londres. Coa nova versión dos Incoterms, a obrigación para o vendedor no termo CIP pasa a ser a cobertura ampliada ICC (A), un maior nivel de cobertura no seguro. 

-          FCA con mención a un on- board bill of lading. Contémplase a opción de solicitar ao transportista a emisión dun on- board bill of lading, pois, aínda que unha entrega baixo a regra FCA prodúcese antes da carga a bordo da mercadoría, considerouse que o mercado demandaba a inclusión desta opción. 

Os Incoterms 2020 inclúen máis cambios, pero sobre todo supoñen unha oportunidade para revisar e mellorar o seu uso alí onde sexa posible.

Sede de la Cámara
Rúa República Checa 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela
aviso legal | politica privacidad | consultas | como llegar | enlaces | boletin informativo | noticias | inicio