aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Trámites On-Line. Certificados de Origen Curso Básico de Comercio Exterior Jornada Digitalización como palanca de competitividad de la Pyme Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Certificación Digital

31/05/2019:  A Cámara de Comercio de Santiago realizará tres novas accións formativas, en colaboración co Concello de Santiago, para a dinamización do emprego en Compostela.

Os cursos, programados dentro do “Pacto polo Emprego” son froito da iniciativa promovida pola Concellaría de Benestar, Familia, Muller e Emprego do Concello de Santiago en colaboración coa Cámara de Comercio, para desenvolver políticas activas que favorezan a creación de emprego estable e de calidade en Compostela, así como a mellora das cualificacións profesionais, co fin último dun desenvolvemento económico sostíbel que procure a inclusión social.

Este tipo de labouras formativas van destinadas a persoas preferentemente desempregadas e son de carácter gratuíto, facilitándose todo o material preciso para o prototipado dos proxectos que se levarán a cabo.

O primeiro destes cursos, cun total de 25 horas lectivas, será “Iniciación á programación electrónica aplicada” e terá  lugar do 3 ao 7 de xuño. Neste curso eminentemente práctico, o alumnado aprenderá a programar e a utilizar as linguaxes de programación visuais e a súa integración coa electrónica para o desenvolvemento de proxectos. O curso desenvolverase adaptado ó nivel dos/as participantes.

A segunda das acción formativas, que se impartirá do 10 al 20 de xuño, será o módulo de ”Iniciación ao deseño e impresión 3D” de 45 horas de contidos. No mesmo, os asistentes aprenderán en que consiste a metodoloxía do deseño e o desenvolvemento de proxectos, deseñarán con software 3D e utilizarán tecnoloxías de impresión 3D, cada vez máis demandadas no mercado laboral.

E por último, do 8 ao 19 de xullo,  o curso de “Iniciación á robótica con Arduino”. Unha acción formativa de 50 horas de duración, na que o alumnado aprenderá os conceptos básicos da electrónica e a programación con Arduino para a construción de sistemas robotizados con aplicación en case calquera campo profesional.  

O horario de todos eles será de 09.00 a 14.00 h. e serán impartidos no Centro de Formación da Cámara de Comercio de Santiago.

As inscripcións realizaranse no Edificio Administrativo Cersia, sito na rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n, a través da páxina da propia Cámara de Comercio de Santiago (http://www.camaracompostela.com) ou na da Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago (http://axencialocaldecolocacion.org).

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela
aviso legal | politica privacidad | consultas | como llegar | enlaces | boletin informativo | noticias | inicio