aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

25/03/2019:  O Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago repite como mellor centro para a creación de empresas

O Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela repite este ano como o mellor centro para a creación de empresas en España, segundo o Ránking de viveiros Funcas 2019/2020 editado por Funcas e presentado por Francisco Branco, coordinador do informe e responsable de emprendemento da Universidade Rey Juan Carlos. Durante a xornada ‘Os servizos que prestan os viveiros e aceleradoras de empresas en España’, fíxose entrega ademais dos premios Funcas aos primeiros clasificados do ránking. O Centro de Empresas A Curtidora, de Avilés, sitúase en segunda posición mentres que o CIE da Fundación CEL Iniciativas por Lugo ocupa de novo o terceiro posto. Pola súa banda, ViaGalicia, de Nigrán (Pontevedra), posiciónase como a mellor aceleradora do país, seguida por Lanzadeira, de Valencia, e Aceleradora Agroalimentaria Orizont, de Tudela (Navarra). O ránking de Funcas persegue poñer en valor os puntos fortes e débiles do sector do emprendemento en España. O estudo analiza a situación actual dos viveiros de empresas e das aceleradoras no noso país como catalizadores do desenvolvemento do tecido empresarial, nun contexto no que a actividade emprendedora converteuse nun instrumento dinamizador da economía e peza crave para a innovación, a competitividade e o crecemento. O informe identifica 549 viveiros de empresas en España, 72 máis que a pasada edición, cunha presenza consolidada e sedimenta en toda a xeografía. Das 17 comunidades autónomas, 13 contan con viveiros situados entre os 30 mellores. Destacan algunhas rexións onde poderían darse as mellores prácticas, o País Vasco posúe cinco dos viveiros de empresas con mellores posicións, seguido da Comunidad de Madrid e Cataluña con catro, Galicia e Comunidade Valenciana con tres e Murcia e Aragón con dous. Galicia é, ademais, a comunidade autónoma con máis postos altos no ránking pois o primeiro e o terceiro viveiro de empresas de España operan nesa rexión. Pola súa banda, o País Vasco é o que conta cun maior número de viveiros no ránking. 

Aceleradoras, máis novas e especializadas 

O informe rexistra un centenar de aceleradoras en España, cunha clara concentración en Madrid e Cataluña, seguidas de País Vasco, Comunidade Valenciana e de forma crecente Andalucía. O 81% das aceleradoras analizadas puxéronse en marcha a partir de 2013, unha mostra aínda máis nova que a do ano pasado onde só un 50% das entidades analizadas creáronse entre 2013, 2014 e 2015. O 62% das mesmas son privadas fronte ao 76% do ano anterior. Obsérvase ademais unha maior especialización. No presente informe, o 23% das aceleradoras asegura ser xeneralista fronte ao 91% que o indicaba en 2016 e o 54% en 2018. Os sectores máis estendidos son TIC e Saúde. Por outra banda, só o 23% das entidades analizadas sinala a obtención de beneficios entre as súas metas fronte ao 34% do informe anterior. A maioría destaca a creación de empresas viables e sustentables, crecemento económico e innovación aberta como os seus principais obxectivos. Así, o 67% non esixe ningunha participación, é dicir, deciden non investir na súa portfolio de empresas e por tanto non están interesadas nos ingresos financeiros das mesmas. As aceleradoras contan cun persoal de cinco empregados de media e con orzamentos que na súa maioría non supera o millón de euros (70%). A diferenza do informe anterior, un 48% están situadas en zona urbana e un 33% nun parque tecnolóxico fronte á maioría situada en cidade, segundo o ránking anterior.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela
aviso legal | politica privacidad | consultas | como llegar | enlaces | boletin informativo | noticias | inicio