aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

04/03/2019:  A restauración medioambiental e a xestión inmobiliaria reciben o premio “Camiño do Emprendemento 2019”

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela entregou hoxe o V Premio “Camiño do Emprendemento 2018”, co patrocinio de ABANCA, a dúas iniciativas empresariais destacadas da demarcación cameral: Proyecto Caluna Gestión Inmobiliaria e Proyecto Norpromenade. Asistiron ao acto de entrega de diplomas, que se celebrou na sala de xuntas da entidade compostelá, o director de Negocio Institucional de ABANCA Galicia, Asturias e León, José Lino Comesaña; o director da Oficina de Relacións con Institucións de ABANCA, Álvaro Rodríguez Cabo; a secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Rosa Cardeso.  

Esta distinción é un recoñecemento que pretende promocionar estas ideas empresariais e prestar apoio para a súa posta en marcha, desenvolvemento e consolidación, coa finalidade de axudar á reactivación da economía e o emprego dos trinta e dous concellos da demarcación cameral. O premio cubrirá o 50 por cento dos gastos da estancia no viveiro de empresas de Costa Vella durante un ano aos proxectos distinguidos. Os gañadores poderán solicitar as liñas de financiamento presentadas por ABANCA con condicións financeiras preferentes (a concesión do financiamento estará suxeita, en todo caso, á previa análise do risco por ABANCA). 

Durante ese tempo, os emprendedores, ademais do servizo de aloxamento, infraestrutura e logística, recibirán servizos de acompañamento, consultoría, titorización e mentorización dos seus proxecto empresariais coa finalidade de favorecer a súa arrincada, creación e consolidación e mellorar así as súas expectativas de implantación e supervivencia empresarial. O emprendedor instalarase nunha das incubadoras empresariais máis avanzadas de España pola calidade superior dos servizos prestados, segundo indicou este ano o informe Funcas das Cajas de Ahorros, e pasará a formar parte da maior rede empresarial de Europa –Rede Incyde–.

O xurado –composto por Álvaro Rodríguez Cabo e Lino Comesaña, de ABANCA, e por Rosa Cardeso e Sandra Becerra, da Cámara– tivo en conta na súa decisión o nivel de desenvolvemento do proxecto, o seu carácter innovador, o volume de investimento, o grao de proxección nacional e internacional, a posible xeración de postos de traballo e a experiencia previa dos participantes.

Proxecto Caluna 

Caluna Gestión Inmobiliaria é un proxecto ideado pola empresaria Maria Luz Mateo Martínez De Bartolomé, cunha amplia experiencia no mundo inmobiliario desde hai 18 anos, atopouse con dificultades para traballar para terceiros polo que decidiu emprender esta iniciativa basándose na súa experiencia e nos seus coñecementos do sector. 

Esta empresa de servizos inmobiliarios, venda e alugueres de `propiedades tanto de segunda man coma de novas promocións, buscará un oco entre as vivendas da zona do Ensanche de Santiago que necesitan de reformas, complementado cos alugueres vacacionais en zonas rurais. A diferencia que marcará Maria Luz Mateo “será que a nosa actividade a desenvolver levarémola cun contacto máis cercano e directo co cliente”.

Ainda que nun primeiro momento traballará como autónoma, o proxecto necesitará incorporar a unha persoa no prazo dun ano como comercial e administrativo. 

Proxecto Norpromenade 

Lorena Constenla Fontenla cun amplo coñecemento de produtos fitosanitarios, abonos, especies arbóreas e demais produtos vinculados ao mantenemento de zonas verdes ideou Norpromenade para dar servizos de paisaxismo dentro do ámbito rural ou urbano, aplicados tamén nas edificacións e naves industriais. A súa actividade será o deseño, a aplicación de teledetección, execución e mantemento destas zonas verdes e xardíns, cunha especial atención a todo o servizo de paisaxismo. 

A diferenciación de Norpromande con outros proxectos básase na formación e na experiencia laboral de Lorena que lle permite diversificar e mellorar a calidade e o alcance dos servizos ofertados. Produtos innovadores de escasa presenza en Galicia coma “o xardín xaponés ou o xardín Feng Shui ou teledetección asistida por drones”. A emprendedora apostará “polo asesoramento especializado aos clientes e a inversión en novas tecnoloxías que mellorarán o proceso de prestación do servizo”

 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela
aviso legal | politica privacidad | consultas | como llegar | enlaces | boletin informativo | noticias | inicio