aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Trámites On-Line. Certificados de Origen Jornada TRANSFORMACION DIGITAL EN SECTORES TRADICIONALES Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Certificación Digital

18/01/2019:  O Foro Cívico Empresarial de Santiago insta ás Administracións Públicas a dotar “axeitadamente” a partida do enlace orbital nas Contas do Estado

O Foro Cívico Empresarial de Santiago recibiu esta semana na súa sede da Cámara de Comercio a representantes do Goberno municipal, encabezados polo alcalde –Martiño Noriega–. Durante a reunión, que se prolongou por espazo de dúas horas e media, abordouse a situación das infraestruturas e a tramitación das licenzas urbanísticas.

Munícipes e axentes sociais compartiron a decepción polas partidas asignadas a Santiago nos Orzamentos Xerais do Estado para 2019, e mostraron a súa “extraordinaria” preocupación polo proxecto do orbital, novo vial que unirá a AP-9 e a A-54 completando os accesos a toda a zona industrial norte, para o que non figura ningunha dotación económica. Goberno, empresarios e profesionais coincidiron en que este asunto é un “tema de cidade” ao que se debe outorgar a máxima prioridade reivindicativa. O Foro insta ás Administracións Públicas a “dotar axeitadamente esta partida” durante a tramitación parlamentaria da lei, que iniciou o luns a súa andaina no Congreso dos Deputados. O rexedor, pola súa parte, agradeceu o respaldo unánime do Foro, ao tempo que demandou unha voz única na defensa do vial, un proxecto que xa tivo dotación en anos anteriores: 8 e 5 millóns de euros respectivamente. 

A evolución da estación intermodal tamén foi obxecto de exposición e debate intenso entre os asistentes. A conexión da pasarela coa baixada á nova estación de autobuses, a adaptación da terminal ferroviaria e os fluxos de tráfico no redeseño da actual rúa de Clara Campoamor centraron as explicacións, dúbidas e preguntas. Por outra parte, o alcalde defendeu o proxecto do seu goberno para manter en A Silvouta a nova estación depuradora, do que dixo que tería menos custo económico para as Administracións e un menor impacto ambiental, sen renunciar á eficiencia da planta –matizou–, seguindo a recomendación do equipo do catedrático da USC Juan Lema, que aposta pola tecnoloxía patentada de lodos granulados en altura.

O Foro tamén manifestou unha “enorme” preocupación polo retraso histórico que o Concello de Santiago sofre á hora de outorgar licenzas urbanísticas. “É insoportable que a tramitación dos expedientes se demore sen data, requirimento tras requirimento, circunstancia que frea aos investidores e desespera aos particulares e autónomos”, segundo se expresou na xuntanza. O propio alcalde recoñeceu a situación sen matices, mentres o concelleiro Jorge Duarte engadiu que se fixeran algúns progresos durante o proceso, ao tempo que facía votos por unha mellora coa próxima implantación da tramitación telemática ou electrónica.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela
aviso legal | politica privacidad | consultas | como llegar | enlaces | boletin informativo | noticias | inicio