aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

17/01/2019:  O sector empresarial de Santiago demanda a implantación dun hub de innovación dixital

A Axencia Galega de Innovación vén de convocar as bases reguladoras para a selección de proxectos dixitais que se enmarquen dentro do plan estratéxico para a especialización intelixente de Galicia. Ao abeiro desta convocatoria, a Cámara de Comercio, a Universidade e a Área Empresarial do Tambre xuntan as súas fortalezas para demandar a implantación dun hub de innovación dixital na cidade de Santiago. Esta mañá mantiveron unha xuntanza de traballo na sede cameral á que asistiron representantes das tres entidades. Pola Cámara estiveron o presidente, José Sierra, os vicepresidentes, José Luis Antuña e José Carballo; o membro do Pleno Xavier Freire; e a secretaria xeral, Rosa Cardeso; pola USC, o reitor, Antonio López, o vicerreitor de Investigación, Vicente Pérez Muñuzurri, e o xerente, Xabier Ferreira; e polo Tambre, o vicepresidente, José Alborés. 

Todos manifestaron a súa vontade de cooperar “activamente” arredor dun proxecto “vital para Santiago, que atraerá talento e investimento”. Indican que a selección dun proxecto de hub tecnolóxico suporá o recoñecemento por parte da Administración galega do seu carácter estratéxico, “paso previo e necesario para o acceso aos instrumentos de apoio público que se porán en marcha no futuro”, segundo engaden. Ademais, as tres entidades queren destacar a súas alianzas estratéxicas cara a reindustrialización da cidade e comarca, nas que se veñen traballando “xa” en colaboración coa Xunta e o Concello. Tamén sinalan que a USC dispón de “cualificadísimos centros de investigación e numerosas disciplinas”, mentres que a Cámara e o Tambre representan o conxunto da actividade económica no seu ámbito territorial, “formado por un tecido empresarial dinámico e crecente, punteiro en varias das súas actividades”. 

Segundo o texto da Axencia Galega de Innovación, os hubs permiten agrupar, cohesionar e especializar os axentes do ecosistema de I+D+i nos ámbitos estratéxicos para Galicia, a través da xeración de dinámicas de colaboración público-privada abertas, intelixentes e áxiles. Son estruturas funcionais de soporte que permiten aliñar máis eficientemente o coñecemento coas necesidades do tecido empresarial e os mercados facilitando á industria, especialmente ás pemes, o acceso a diferentes servizos de innovación que permiten unha axeitada integración das tecnoloxías emerxentes na súa estratexia de negocio. 

A xuntanza de hoxe serviu para sentar as bases desta nova “alianza estable” a favor dun proxecto que consideran “irrenunciable” para Santiago e concretar unha axenda de traballo técnico que comezará nas vindeiras datas. “Este proxecto do hub dixital contribuirá a dinamizar o sector industrial de Santiago e comarca, cuxo peso sobre o PIB galego está moi afastado do obxectivo do 20% proposto para o conxunto da UE no ano 2020, e porque Santiago e a súa zona de influencia gañarán en competitividade, crearán emprego cualificado e captarán empresas, toda vez que o sector industrial é o principal demandante de innovación e desenvolvemento tecnolóxico”, segundo conclúen as tres entidades.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela
aviso legal | politica privacidad | consultas | como llegar | enlaces | boletin informativo | noticias | inicio