aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Trámites On-Line. Certificados de Origen Jornada TRANSFORMACION DIGITAL EN SECTORES TRADICIONALES Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Certificación Digital

19/12/2018:  A Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA conceden bolsas para a estancia de tres emprendedores no viveiro de empresas de Costa Vella

A Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA reafirmaron esta mañá o seu compromiso co emprendemento coa sinatura dun convenio de colaboración. O acordo selouse en Compostela nun acto co presidente da Cámara de Comercio de Santiago, José Sierra, e o director de negocio institucional en Galicia, Asturias e León de ABANCA, Lino Comesaña

Unha das primeiras accións que se realizarán grazas a este acordo será conceder bolsas para a metade da estancia de tres emprendedores durante un ano no viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago, situado no polígono de Costa Vella. Durante este tempo, os elixidos recibirán unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver un plan de empresa, con axuda das ferramentas de xestión necesarias e o asesoramento dos técnicos de creación de empresas da Cámara de Comercio. Trátase dunha completa proposta teórico-práctica que ten como obxectivo final poñer en marcha e garantir a viabilidade do proxecto empresarial. 

O acto de hoxe tamén serviu para prorrogar a colaboración das dúas entidades, un traballo conxunto que pon en valor as iniciativas desenvolvidas no último ano e que impulsa o apoio ao tecido produtivo da capital autonómica. 

Ademais, ABANCA oferta a través do convenio unhas condicións financeiras preferentes para todos aqueles emprendedores que se atopen instalados na incubadora de empresas a través do Plan Activamos coas Deputacións galegas. Poderán solicitar un préstamo para emprendedores, un préstamo para novos investimentos, un préstamo para actuacións de mellora da eficiencia enerxética na empresa, unha póliza de crédito de creación de empresas ou unha póliza de crédito para necesidades de circulante.

 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela
aviso legal | politica privacidad | consultas | como llegar | enlaces | boletin informativo | noticias | inicio