aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia V PREMIO CAMINO DEL EMPRENDIMIENTO 2018-2019 Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

18/12/2018:  ICEX Galicia aconsella ás empresas da provincia a converter o Brexit nunha oportunidade

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela acolleu hoxe a celebración da xornada divulgativa “A empresa española ante o Brexit”, incluída nos seminarios ICEX Dinamiza, na que participaron máis de 60 empresas da provincia da Coruña. A Secretaría de Estado de Comercio e ICEX España Exportación e Inversiones organizaron, xunto coa Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) e a Cámara de Comercio de España, este seminario sobre as implicacións para as empresas españolas da saída do Reino Unido da Unión Europea.

Esta xornada ofreceu unha visión actual das implicacións para o comercio, investimentos e contratación pública do Brexit ás empresas galegas con intereses económicos e comerciais no Reino Unido. Analizáronse os distintos escenarios que se formulan en relación co acordo de saída do Reino Unido da Unión Europea e as súas consecuencias na actividade económica das empresas galegas. O evento foi inaugurado polo vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, José Luis Antuña; a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo; o vicepresidente primeiro da Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC), Severino Ares; e a delegada Especial da Agencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) de Galicia, Imelda Capote

Dado o papel primordial que as Cámaras de Comercio desempeñan en materia de exportación e internacionalización das empresas desde hai 25 anos, José Luis Antuña amosou a súa satisfacción polo feito de celebrar hoxe unha sesión “tan conectada” coa realidade actual. “Como o noso é a economía e os intereses xerais das empresas, esta xornada axuda a despexar o horizonte da man de expertos na materia, e ao menos a esbozar as cautelas e prevencións que debemos adoptar de cara a protexer os nosos investimentos e mercados” –sinalou–.

Pola súa parte, a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, fixo un chamamento ás empresas da provincia para que elaboren “planes de contingencia que puedan convertir el Brexit en una oportunidad”. 

Ao mesmo tempo, advertiu que segundo os datos do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, das empresas españolas que teñen algún tipo de relación co Reino Unido “solo el 30 por ciento han llevado o están llevando a cabo algún plan de contingencia”. 

A subdelegada do Goberno lembrou que o Reino Unido é o cuarto destino das exportacións galegas e engadiu que, “en la provincia de A Coruña hay 165 empresas que el año pasado registraron casi 900 millones de euros en ventas a Gran Bretaña”. Estas cifras son moi relevantes para unha provincia que, lembrou López-Rioboo é a “cuarta provincia más exportadora de toda España sumando más del 50 por ciento del total de exportaciones realizadas desde Galicia”. De aí a relevancia de campañas como a que se materializa hoxe na Cámara de Comercio de Santiago, xa que tal como sinalou Pilar López-Rioboo, “desde el Gobierno de España apostamos de forma decidida por el hecho de que el Reino Unido debe seguir siendo un socio estratégico para Galicia y para A Coruña”. 

O director territorial de Comercio e do Instituto de Comercio Exterior (ICEX) en Galicia, Sergio Prieto, apelou a ver o Brexit como “unha oportunidade e non como unha debilidade”, xa que hai que seguir tendo relacións comerciais co Reino Unido. No se relatorio, titulado “Perspectivas das negociacións para o Brexit e impacto na empresa galega”, Prieto indicou que unha das primeiras e principais repercusións xirará sobre os controis administrativos e aduaneiros que van ter que afrontar as empresas. “Temos que adaptarnos ao que ven, ao novo escenario" –subliñou–. Segundo o ICEX, o problema é que moitas empresas “están acostumadas a traballar nun mercado único no que non hai trabas, non hai aranceis e a saída do Reino Unido traerá problemas engadidos". 

O segundo relatorio, titulado “Implicacións aduaneiras do Brexit”, correu a cargo do xefe da Dependencia Regional de Aduanas e Impuestos Especiales (II.EE.), Jaime Moreno. Finalmente, o responsable de Promoción Internacional da Cámara de Comercio de Santiago, Fernando Pérez-Soba, analizou as “Relacións das empresas da demarcación provincial co Reino Unido”. 

A nivel provincial, Pérez-Soba indicou que Reino Unido ocupa o posto catro en canto a mellor importador –despois de Francia, Portugal e Italia–, cun 8,1 % do total en 2017 e un 7,8 % ata setembro de 2018, maioritariamente centrado no sector da confección téxtil, sobre todo feminina, e en menor medida nos combustibles e conservas. En canto a países provedores, o técnico cameral destacou que Reino Unido sitúase no noveno posto, cun 1,5% do total en 2017 e un 1,8% ata setembro de 2018, pero lonxe do 11,9% de Portugal, Italia e Indonesia (sobre o 6%), Turquía (5,6%), Francia (4,1%), principalmente centrado en produtos de fundición de ferro.

Para facer fronte ao Brexit, Fernando Pérez-Soba explicou que as empresas deben ter preparado un plan de continxencia para paliar os seus efectos, baseado nunha valoración cuantitativa do seu impacto nas vendas e compras e na comunicación periódica coas empresas británicas para tentear os diversos escenarios, revisando contratos e subministracións. Ademais, o técnico apuntou a posibilidade de facer un envío anticipado de mercadorías para almacenar e evitar o posible caos aduaneiro e de transportes. Aconsella tamén facer unha revisión da estratexia loxística, sobre todo para produtos perecedoiros, subministracións con cadencia ou datas acordadas.

E na área de finanzas, Pérez-Soba indicou que este plan de continxencia debe prever a caída previsible do PIB de Gran Bretaña entre 3 e 8 puntos, coa súa consecuente diminución do poder de compra e liquidez; o cambio no status do comercio co resto da Unión Europea, con posibles tarifas de importación para determinados produtos, controis sanitarios, homologacións, ou documentación de aduanas; o cambio de status das persoas que traballan para empresas españolas en Gran Bretaña; ou ter en conta o cambio de estratexia na internacionalización, xa que os investimentos en Gran Bretaña serán máis baratos, ademais de que o país pode tomar medidas anticíclicas para activar investimentos en infraestruturas abrindo novas oportunidades para a empresa galega.

A reacción do turismo 

Ademais, Pérez-Soba realizou unha análise sobre o sector do turismo e como pode verse afectado polo Brexit. Explicou que, mentres que en 2017 se alcanzaron niveis de récord en chegadas a España de viaxeiros británicos –uns 18,7 millóns de turistas–, os datos entre xaneiro e agosto de 2018 reflicten un descenso do 2,9% con respecto ao mesmo período do ano anterior e cunha redución na duración media da estancia. En canto á chegada a Galicia de turistas de Reino Unido, Pérez-Soba lembrou que representan unha “moi pequena” parte desa cifra, apenas uns 43.000 viaxeiros nos primeiros oito meses de 2018. “Reino Unido é o quinto mercado internacional máis importante para Galicia, despois de Portugal, Alemaña, Francia e Italia” –manifestou–. En relación ao Camiño de Santiago, Pérez-Soba destacou que o peregrino inglés ocupa o oitavo lugar no ranking de visitantes estranxeiros, é dicir, un 8,5%. 

En xeral, o técnico cameral manifestou que os riscos evidentes dun “no deal” –cun posible descenso en Gran Bretaña da renda dispoñible, a debilitación da libra, maior precariedade laboral e busca de mercados máis baratos aínda que sacrificando calidade turística– deben estar moi presentes en maioristas e operadores españois para deseñar novas estratexias para este mercado.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela