aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Trámites On-Line. Certificados de Origen Jornada TRANSFORMACION DIGITAL EN SECTORES TRADICIONALES Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Certificación Digital

12/12/2018:  A Cámara de Santiago acolle unha xornada para analizar o Brexit e as súas consecuencias na actividade económica das empresas galegas

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro martes, 18 de decembro, a xornada divulgativa “A empresa española ante o Brexit”, incluída nos seminarios ICEX Dinamiza. A Secretaría de Estado de Comercio e ICEX España Exportación e Inversiones organizan, xunto coa Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE) e a Cámara de Comercio de España, un seminario sobre as implicacións para as empresas españolas da saída do Reino Unido da Unión Europea. 

Esta xornada, de carácter técnico, ofrece unha visión actual das implicacións para o comercio, investimentos e contratación pública do Brexit e está dirixida ás empresas galegas con intereses económicos e comerciais no Reino Unido. Analizaranse os distintos escenarios que se formulan en relación co acordo de saído do Reino Unido da Unión Europea e as súas consecuencias na actividade económica das empresas galegas. Os aspectos políticos, legais e económicos ante o Brexit son outro dos asuntos que se tratarán neste seminario. 

O evento, que se celebrará no salón de actos da entidade cameral entre as 10:00 e as 12:00 horas, será inaugurado polo vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, José Luis Antuña; o vicepresidente primeiro da Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC), Severino Ares; e a delegada Especial da Agencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) de Galicia, Imelda Capote. A primeira das conferencias versará sobre “Perspectivas das negociacións para o Brexit e impacto na empresa galega”, impartida polo director Territorial de Comercio e ICEX en Galicia, Sergio Prieto. O segundo relatorio, titulado “Implicacións aduaneiras do Brexit”, correrá a cargo do xefe da Dependencia Regional de Aduanas e Impuestos Especiales (II.EE.), Jaime Moreno. Finalmente, o responsable de Promoción Internacional da Cámara de Comercio de Santiago, Fernando Pérez-Soba, analizará as “Relacións das empresas de Santiago de Compostela co Reino Unido”. 

A inscrición das empresas realizarase exclusivamente a través do seguinte enlace, ata o luns 17 de decembro: https://www.icex.es/icex/es/navegacion-principal/todos-nuestros-servicios/formacion/seminarios/SEM2018804678.html

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela
aviso legal | politica privacidad | consultas | como llegar | enlaces | boletin informativo | noticias | inicio