aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

29/11/2018:  Emprendedoras e empresarias de Santiago e contorna coñecen as posibilidades que ofrecen as redes sociais para mellorar os resultados dos seus negocios

Javier Rocamora, formador: “O máis importante non é publicar moito, senón contar cousas interesantes para os potenciais clientes e ser capaces de xerar reaccións e establecer conversación” 

A xornada, que forma parte do programa PAEM, celebrouse no viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela celebrou hoxe unha xornada gratuíta dirixida a mulleres emprendedoras e empresarias no viveiro de empresas de Costa Vella. A actividade está enmarca no Programa de Apoyo Empresarial a las Mujeres (PAEM), que desenvolve a Cámara compostelá co cofinanciamento do Fondo Social Europeo (FSE), o Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades e a Cámara de Comercio de España.

A xornada, titulada “Redes sociais e marketing dixital para emprendedoras e empresarias”, contou coa participación de 40 mulleres. As asistentes puideron descubrir as ferramentas básicas para elaborar un plan de marketing actual e eficiente que contribúa a enriquecer o seu plan de negocio. 

O formador de marketing online Javier Rocamora foi o responsable de impartir a sesión, explicando a importancia de ter unha estratexia definida en redes sociais, o proceso de elaboración dun plan de marketing dixital, o uso profesional e a xestión de contidos nos social media, as claves do posicionamento SEO ou a función da publicidade online. 

Para conseguir unha boa imaxe en redes sociais, Javier Rocamora sinala que as emprendedoras e empresarias deben ter en conta multitude de factores segundo o perfil da audiencia á que se queiran dirixir, ademais de ter claro en que redes sociais lles interesa estar, que tipo de mensaxes queren publicar e de que recursos dispoñen. “O máis importante non é publicar moito, senón contar cousas que realmente sexan interesantes para os potenciais clientes e ser capaces de xerar reaccións e establecer conversación. A reputación en redes sociais non se basea tanto no que ti digas como no que os demais digan sobre ti” –destacou–. 

Ademais, o experto explicou que para conseguir un bo plan de marketing dixital, as emprendedoras deben ter unha estratexia clara para saber a quen se quere chegar e que se quere dicir para planificar axeitadamente onde van saír os contidos e de que forma se van a publicar, sempre analizando os recursos destinados a esta actividade e sendo conscientes de que non se van a obter resultados inmediatamente. 

As redes sociais de empresas requiren unha xestión profesional. Nesta liña, Rocamora indicou que as redes sociais deben administrarse como un recurso de comunicación bidireccional. “Nas redes non só se fala, tamén se escoita tanto aos posibles clientes como aos competidores. Unha pequena empresa pode espertar moita máis simpatía  que unha grande se o fai ben” –aclarou–.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela