aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

02/11/2018:   A Cámara de Santiago abre a inscrición para a formación troncal e específica gratuíta do programa PICE de empregabilidade para menores de 30 anos

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela abre o prazo de inscrición para a formación troncal e específica gratuíta do plan de capacitación do Programa Integral de Cualificación y Empleo (PICE), unha iniciativa integrada no Plan Nacional de Implantación de la Garantía Juvenil do Ministerio de Empleo y Seguridad Social que conta con financiamento do Fondo Social Europeo. 

O programa gratuíto PICE está composto por un conxunto de accións de orientación, formación e achegamento ás empresas que persegue a empregabilidade de mozos e mozas de 16 a 29 anos. Está deseñado a medida do perfil, intereses e grao de cualificación e capacitación dos máis novos e responde á demanda actual das empresas. 

Dentro do plan de capacitación do PICE, destinado a ofrecer accións directas de formación, adaptadas ás capacidades e necesidades e ás demandas empresariais para favorecer as posibilidades de inserción laboral de cada participante, celebrarase un curso de formación troncal e cinco de formación específica, todos gratuítos e con prazas limitadas con selección por rigorosa orde de inscrición, para o que será necesario realizar unha inscrición previa nas oficinas centrais da Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo 44, baixo). 

O curso de formación troncal “Empregabilidade, habilidades sociaus e competencias dixitais para a busca de emprego 2.0” é un requisito previo “imprescindible” para poder cursar a continuación a formación específica. Impartirase do 12 ao 28 de novembro en horario de 9:00 a 14:00 horas no centro de formación da Cámara de Santiago. Ofrecerase orientación en temas de empregabilidade, con información referente a habilidades sociais e competencias dixitais para a busca de emprego.

En relación á formación específica, para o que será preciso cursar primeiro a formación troncal, celebraranse cinco cursos. Do 29 de novembro ao 18 de decembro celebraranse os cursos de asesoría contable –organizado en colaboración co Colegio de Economistas de A Coruña), asesoría laboral e marketing e atención ao cliente, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Do 26 de novembro ao 3 de decembro programouse un curso de escaparatismo e empaquetado de regalo navideño, e do 10 ao 18 de decembro un curso práctico de fotografía dixital para redes sociais.

Máis información e inscricións:

http://www.camaracompostela.com/index.asp?ind=1C0A0A0&p=210#.W9wRmZNKjmZ

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela