aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

20/09/2018:  A Cámara de Comercio de Santiago intensifica a internacionalización das empresas con nove accións de comercio exterior neste último trimestre do ano

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago convoca no último trimestre de 2018 nove accións de promoción exterior que comprenden un amplo programa de actividades no ámbito internacional, destinado a axudar ás empresas a atopar negocio en mercados exteriores nas mellores condicións.

Dentro do calendario de promoción do Plan Foexga, cofinanciado polo Instituto Gallego de Promoción Económica (Igape), a Cámara de Santiago organizará nestes meses misións comerciais e programará a asistencia a diversas feiras e encontros empresariais. As empresas da demarcación cameral de Santiago e do resto de Galicia poderán participar nas misións comerciais plurisectoriais de Ecuador e Colombia, Chile e Perú, Sudáfrica e Namibia. Ademais, poderán asistir  ás exposicións da Feria Heya de Doha (Qatar) de confección feminina, da Feira Big 5 Show de Dubai (EAU) de materiais de construción; ao evento “Obradoiro de sabores” en Arxentina e Uruguai para o sector agroalimentario, coa participación da Consellería do Mar, a Consellería do Medio Rural, Fundación Pública Artesanía de Galicia, Axencia Galega de Turismo e o IGAPE; ao evento expositivo de produtos do mar en Londres; e visitar a Feira Inamarine do sector naval en Surabaya (Indonesia) 

Os prazos de inscricións para estas accións de comercio exterior xa están abertos e pódese consultar a súa programación na web da Cámara de Comercio de Santiago (www.camaracompostela.com), así como as licitacións correspondentes para as axencias de viaxe candidatas a organizar ditos traslados.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela