aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

18/09/2018:  A Cámara de Santiago e SabadellGallego ofrecen aos asociados camerais unha liña de crédito de 100 millóns de euros para dar cobertura as súas necesidades financeiras en internacionalización, vendas e novas tecnoloxías

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e SabadellGallego asinaron hoxe un convenio de colaboración para que empresas, autónomos e comercios asociados á entidade cameral poidan beneficiarse de liñas de crédito e servizos que permitan o financiamento das súas vendas, o acceso a novos mercados nacionais ou internacionais ou a incorporación de novas tecnoloxías para conseguir unha maior competitividade económica. O acto de sinatura, que se celebrou no salón de actos da Cámara compostelá, estivo presidido polo presidente cameral, José Sierra, e o director General de SabadellGallego, Pablo Junceda

En concreto, o acordo inclúe o acceso a unha liña de crédito por valor de 100 millóns de euros coa que SabadellGallego pretende facilitar e dar cobertura ás necesidades financeiras –tanto de ámbito nacional como internacional– das empresas vinculadas á Cámara de Comercio de Santiago. Así, as empresas poderán mellorar en innovación coa integración de novas tecnoloxías, optarán a financiamento do circulante en calquera das súas modalidades ou financiamento a medio-longo prazo de novos investimentos en activos fixos mediante préstamos e leasing. 

Ademais de trasladar ás empresas as liñas de financiamento e servizos do banco, o convenio establece que a Cámara de Comercio de Santiago promoverá seminarios e conferencias relacionadas con cuestións financeiras. Pola súa parte, SabadellGallego porá a disposición dos membros da Cámara xestores especializados en plataformas de pagos eCommerce para facilitarlles solucións diferenciadas e seguras, así como outros servizos no ámbito das vendas por Internet. Outra obriga que deberá cumprir o banco será poñer a disposición das empresas un proxecto “chave en man” de eficiencia enerxética no que se estudarán solucións para aforrar enerxía e reducir gasto corrente. Tamén SabadellGallego ofrecerá ás empresas a rede exterior do banco e o asesoramento internacional dun equipo de profesionais. 

E no marco deste convenio, dun ano de vixencia, a Cámara e SabadellGallego crearán un programa de atención personalizada para dar resposta a todas as xestións relacionadas co ámbito bancario.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela