aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

13/09/2018:  A Cámara de Comercio de Santiago traballa no deseño dunha nova estratexia na que se primará a incorporación de novas empresas

A Cámara de Comercio de Santiago celebrou senllas reunións do seu comité executivo e pleno, presididos por José Sierra, nos que renovou o traballo de face a deseñar un novo proxecto cameral ?acorde cos tempos actuais?. A idea dos órganos de goberno é sobre todo desenvolver ?ao máximo? as relacións coas empresas da demarcación en aras de lograr novas adhesións.

 “Queremos fortalecer a nosa masa empresarial coa asociación voluntaria de cantas máis firmas, mellor, que nos permita afrontar con éxito un proxecto de futuro. Para iso debemos ser útiles e necesarios para as empresas, prestándolles novos servizos e actualizando os que xa ofrecemos. Nesta liña queremos potenciar a área de internacionalización e o do emprendemento, mantendo a formación avanzada tanto para empresarios, como para autónomos e empregados. A nosa reflexión partiu de cero, é dicir, preguntándonos que somos, que podemos facer de interese e onde queremos chegar. Estas bases deben levarnos a definir unha nova estratexia ou modelo cameral”, segundo indica o goberno da entidade. Dar valor ás empresas, contar coa súa participación activa, que poidan mellorar a súa xestión interna e vender máis, e programar actividades dirixidas que cheguen a un público masivo, son fundamentos e accións que xa se están concretando. 

Por outra banda, produciuse a substitución na secretaría xeral, que pasa a ocupar Rosa Cardeso, responsable do viveiro cameral de Costa Vella; xa que Fernando Barros decidiu afrontar novos retos profesionais, aínda que seguirá vinculado á Cámara como vogal cooperador do Pleno. Os órganos de goberno da entidade agradeceron expresamente a Barros o seu “inestimable” dedicación durante os últimos 33 anos. 

O Foro Cívico Empresarial 

A Cámara de Comercio renovará proximamente as reunións do Foro Cívico Empresarial para “seguir compartindo” coas principais organizacións sociais e colectivos profesionais da cidade a preocupación e vixilancia dos asuntos estratéxicos do desenvolvemento da cidade. 

Igualmente retomará o ciclo de conferencias abertas ao público en xeral con personaxes de actualidade, con ánimo de manter o pulso en canto a temas de interese social, así como o contacto directo cos cidadáns.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela