aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

11/09/2018:  A Cámara de Santiago organiza do 17 ao 21 de setembro un taller gratuíto para dar a coñecer os mellores sistemas de financiamento empresarial no viveiro de empresas

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza do 17 ao 21 de setembro un taller gratuíto sobre “Como atraer financiamento para a creación dun proxecto empresarial” no viveiro de empresas de Costa Vella, en horario de  10:00 a 14:00 horas. Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Empleo y Seguridad Social. 

O taller está destinado a socios e persoas vencelladas a proxectos cooperativos ou de economía social, emprendedores ou persoas interesadas en xeral. Un dos obxectivos do taller é que os participantes coñezan os distintos sistemas de financiamento de proxectos, tanto públicos como privados, con especial referencia aos máis novidosos e menos empregados como son o Crowdfundig ou o Business Angel. 

Ademais, os alumnos aprenderán a resolver supostos prácticos sobre o financiamento dunha empresa, coñecerán modelos de presentación para solicitar financiamento para un proxecto de empresa e analizarán como realizar presentacións eficaces de proxectos. 

Desde a Cámara explican que en moitos casos o éxito ou fracaso empresarial está marcado pola capacidade de dispoñer de recursos financeiros “suficientes” para emprender e guiar con éxito unha startup. “Un de cada cinco proxectos continúa atopando grandes trabas para o acceso ao financiamento ou non se financia da maneira máis axeitado” –sinalan–. 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela