aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

15/06/2018:  A Cámara de Comercio de Santiago destina máis de 150.000 euros a axudas para o desenvolvemento de solucións innovadoras nas empresas

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela abre a convocatoria pública de axudas para o desenvolvemento de plans de implantación de solucións innovadoras para os que destinará 150.200 euros, axudas que xorden no marco do programa InnoCámaras, financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) da Unión Europea. 

O obxecto das axudas é que as pemes, micropemes e autónomos da demarcación cameral poidan desenvolver plans de implantación de solucións innovadoras, que inclúen unha fase gratuíta de asesoramento e diagnóstico e outra fase de implementación, cofinanciada ao 70% por FEDER, sendo a cuantía máxima financiable por empresa de 7.000 euros. O 30% adicional será aportado pola empresa beneficiaria, aínda que deberá prefinanciar o 100% do investimento. 

O texto completo da convocatoria está a disposición das empresas na web: www.camaracompostela.com; e na sede electrónica da Cámara de Santiago: https://sede.camara.es/sede/santiago-compostela, onde se poderá consultar e descargar a documentación, a solicitude de participación e realizar a tramitación electrónica mediante firma dixital, ou ben realizar a solicitude de forma presencial na sede da Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo). As empresas poderán presentar a súa solicitude a partir do día 18 de xuño e ata o 31 de xullo de 2018, ou ata esgotar o orzamento da convocatoria. 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela