aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

11/06/2018:  A animación 3D motiva a 20 mozos e mozas menores de 30 anos da comarca de Riveira a mellorar as súas calidades profesionais e aumentar as posibilidades de atopar emprego

O viveiro de empresas de Riveira acolleu hoxe a clausura e entrega de diplomas do programa “Constrúe o teu futuro: Animación 2D e 3D e emprendemento”, organizado  pola Cámara de Comercio de Santiago, Concello de Riveira e Fundación Incyde a través do Fondo Social Europeo. O acto estivo presidido polo teniente de alcalde de Riveira, Emilio Pérez; o secretario xeral da Cámara, Fernando Barros; e o director de Proxectos da Fundación Incyde, Mariano Alcantarilla

O principal obxecto do programa foi facilitar a incorporación ao mercado laboral a menores de 30 anos, non ocupados e non integrados nos sistemas de educación ou formación, a través de accións de fomento, formación e apoio ao emprendemento. Os 20 alumnos e alumnas participantes –14 homes e 6 mulleres– adquiriron novos coñecementos sobre a animación 2D e 3D que axudarán a incrementar a súa calidade profesional e mellorar a súa empregabilidade, á vez que descubriron as opcións que ofrece o autoemprego para o seu futuro laboral. 

Fernando Barros sinalou que os avances tecnolóxicos son o factor de influencia con maior impacto actualmente no mercado laboral, e puntualizou que o carácter emprendedor resulta esencial para catalizar a innovación nas empresas. Ademais, sinalou que o sector dos videoxogos é o de maior potencial de crecemento e innovación da industria dos contidos dixitais en España, e o seu desenvolvemento é un campo profesional prometedor que demanda perfís con formación especializada. En concreto, indicou que o deseño e a produción 3D é un sector en expansión na industria do entretemento e en moitas outras áreas, como a publicidade, infoarquitectura, educación ou investigación.

O programa, que se celebrou do 23 de abril ao 1 de xuño nas aulas formativas da incubadora riveirense, abarcou as principais disciplinas vinculadas á creatividade dentro do mundo da animación. “A industria necesita profesionais cualificados nas áreas de 3D: produción, arte, deseño visual e de personaxes, contornas e props, desenvolvemento visual, modelado, contrución de contornas no motor, rigging, shading e texturas, efectos visuais ou simulación, entre outras relacionadas con competencias técnicas e artísticas” –explicou Barros–. Ademais da entrega de diplomas, a alumna Caryola Lugo presentou o seu proxecto sobre un lavado de coches.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela