aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

07/06/2018:  A Cámara de Comercio de Santiago foi nomeada por Eurochambres “caso de boas prácticas” no proxecto europeo “Pre-Solve”

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela asistiu esta semana ao acto de presentación das conclusións e peche do proxecto europeo “Pre-Solve” na Cámara de Comercio e Industria de Bruxelas. A técnico cameral Belén Mendoza asistiu á reunión coa emprendedora Mercedes García da empresa Indramejorla para presentar as conclusións do proxecto a nivel local. 

Nesta sesión pública, á que asistiron representantes da Comisión Europea e máis de 80 personalidades do ámbito político e empresarial europeo, a Asociación Europea de Cámaras de Comercio e Industria (Eurochambres) anunciou que a Cámara de Comercio de Santiago debe considerarse como un “caso de boas prácticas” deste proxecto de prevención de negocios errados, tanto polo número de empresas participantes –69 desde o inicio da convocatoria hai dous anos e medio–, e a satisfacción demostrada polas mesmas nas enquisas elaboradas tralo peche da convocatoria. 

O proxecto Pre-Solve ten como principal obxecto ofrecer apoio a medida aos emprendedores e ás empresas poñendo ao seu dispor ferramentas de apoio para mellorar a súa xestión e competitividade. En concreto, búscase ofrecer aos empresarios acceso a unha análise da súa situación económico-financeira e empresarial. Ademais, ofrécese apoio a medida en distintos niveis: financeiro, legal, estratéxico, comercial, e psicolóxico. Tamén se traballa no desenvolvemento dun plan para unha segunda oportunidade empresarial. Este proxecto europeo está coordinado pola Eurochambres e executado por catorce Cámaras de Comercio de oito países europeos.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela