aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

30/05/2018:  A Cámara de Comercio de Santiago e Viaqua asinan un acordo para desenvolver relacións de colaboración, cooperación e apoio mutuo

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela asinou hoxe un convenio de colaboración con Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia na súa sede compostelá. Selaron o acordo o presidente da Cámara compostelá, José Sierra, e o director xeral de Viaqua, Julio Masid

O convenio, dun ano de vixencia, ten por obxecto establecer o marco xurídico xeral dentro do que se van desenvolver as relacións entre a Cámara de Comercio e Viaqua, baseadas na colaboración, cooperación e apoio mutuo das organizacións.

En especial, a colaboración da Cámara de Santiago centrarase na defensa e promoción dos intereses xerais de Viaqua, como empresa da súa demarcación cameral e asociada á entidade, así como difundir as súas actividades. 

Julio Masid sinalou que con este acordo Viaqua, como empresa galega presente ao longo das catro provincias e na cidade de Santiago desde hai 47 anos, apoia á Cámara de Comercio e convértese nun exemplo para o resto das empresas da demarcación cameral, á vez que espera que esta acción sirva de “efecto chamada” para que outras compañías da contorna compostelá se asocien á entidade cameral. “As institucións son fortes na medida na que teñen o respaldo do sector empresarial” –manifestou–. 

Pola súa parte, José Sierra agradeceu a colaboración de Viaqua e a súa implicación co futuro da Cámara de Comercio de Santiago. Ademais, explicou que este convenio terá o seu percorrido co desenvolvemento de accións concretas de interese común para ambas organizacións.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela