aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

09/04/2018:  A Fundación Galicia Europa convoca a 2º edición do curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza do proxecto europeo Lidera

Fundación Galicia Europa convoca o curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza, que terá lugar  entre o 16 de abril e o 7 de xuño. Combinando actividades presenciais en grupo con outras de carácter individual, os participantes recibirán asistencia e titorización especializada para coñecer a dinámica dos proxectos de cooperación transfronteiriza, as posibilidades que ofrece o financiamento europeo neste ámbito, o proceso de elaboración dunha convocatoria e a oportunidade de descubrir e coñecer a outras persoas e entidades interesadas na creación de novos proxectos transfronteirizos.    

Esta actividade vai dirixida a mozos entre os 18 e 30 anos en situación de desemprego, no período de formación, ou en mellora laboral. Daráselle prioridade aos residentes próximos á zona de celebración e á orde de inscrición, tendo como máximo 15 participantes. 

Para este curso, a Fundación Galicia Europa contará coa colaboración do Concello de Valença do Minho, onde se impartirán as actividades de carácter presencial, e dos demais socios do proxecto: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cámara Oficial de Comercio, Industrial, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, Asociación Comercial  de Emprendedores de Galicia (ASCEGA), Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), Federación Nacional de Asociaciones Juveniles  Portuguesas (FNAJ) e Comunidade  Intermunicipal do Ave.   

O Curso  de Axentes  de Cooperación Transfronteiriza é unha actividade do proxecto Lidera, un proxecto europeo que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), e que conta cun financiamento  europeo  de 1,4 millons  de euros  e unha duración  de catro anos. No seu obxectivo de promover o desenvolvemento económico transfronteirizo en Galicia e a Rexión Norte de Portugal a través do fomento das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos, as actividades impulsadas por Lidera están orientadas a loitaren contra o desemprego xuvenil, a fuga de talento e concederen as ferramentas  necesarias  para que este colectivo sexa un motor de pulo económico destas rexións. Para este propósito, Lidera centrarase en tres fases principais denominadas “Crece, Cataliza e Emprende”, durante as cales se levarán a cabo unha serie de actividades orientadas a ampliar e mellorar as oportunidades laborais dos mozos.

O Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza forma parte da Fase “Cataliza”, que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude, mediante a realización  de actividades  de titorización e asesoramento  individualizado, formación personalizada,  e coaching personal. 

Ao longo do proxecto realizaranse dúas edicións do curso, sendo esta a última delas.

O prazo de inscripción remata o vindeiro xoves 12 de abril ás 12:00 horas. 

Máis información: http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/noticias_ver.asp?idSeccion=6&idTema=293&idNoticia=4244#.WsxktIhua1s

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela