aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

28/03/2018:  A Cámara de Santiago abre a inscrición para a formación troncal e específica do programa PICE de empregabilidade para menores de trinta anos

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela abre o prazo de inscrición para a formación troncal e específica do plan de capacitación do Programa Integral de Cualificación y Empleo (PICE), unha iniciativa integrada no Plan Nacional de Implantación de la Garantía Juvenil do Ministerio de Empleo y Seguridad Social que conta con financiamento do Fondo Social Europeo.

O programa gratuíto PICE está composto por un conxunto de accións de orientación, formación e achegamento ás empresas que persegue a empregabilidade de mozos e mozas de 16 a 29 anos. Está deseñado a medida do perfil, intereses e grao de cualificación e capacitación dos máis novos e responde á demanda actual das empresas 

Dentro do plan de capacitación do PICE, destinado a ofrecer accións directas de formación, adaptadas ás capacidades e necesidades e ás demandas empresariais para favorecer as posibilidades de inserción laboral de cada participante, celebrarase un curso de formación troncal e tres de formación específica, todos gratuítos e con prazas limitadas, para o que será necesario realizar unha inscrición previa nas oficinas centrais da Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo 44, baixo).

O curso de formación troncal impartirase do 9 ao 25 de abril en horario de 9:00 a 14:00 horas. Ofrecerase orientación en temas de empregabilidade, con información referente a habilidades sociais e competencias dixitais para a busca de emprego. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro mércores, 4 de abril.

En relación á formación específica, para o que será preciso cursar primeiro a formación troncal, celebraranse tres cursos. Do 2 ao 31 de maio celebrarase un curso práctico de xestión administrativa e outro de atención ao cliente para turismo e hostalería, ambos en horario de 9:00 a 14:00 horas. E do 4 ao 27 de xuño programouse un curso de community manager e marketing dixital, de 9:00 a 14:00 horas. 

Máis información e inscricións:

http://www.camaracompostela.com/index.asp?ind=1C0A0A0&p=210 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela