aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

20/03/2018:  A Cámara de Santiago organiza o xoves unha xornada sobre a nova lei de contratos públicos, baseada na transparencia e rexida polo criterio de calidade e prezo

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará o vindeiro xoves, día 22, un xornada informativa, gratuíta previa inscrición, sobre a “Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público”, entre as 17:00 e as 19:00 horas no seu salón de actos. Dirixida ás pequenas e medianas empresas, a charla estará impartida polo avogada Emma González, do bufete Ega Abogados. 

A avogada explicará as novidades que incorpora a lei, que entrou en vigor o pasado 9 de marzo para adaptarse ás directrices da Unión Europea, destinadas a superar as barreiras de acceso aos contratos do sector público a través dun conxunto de instrumentos que melloran a eficiencia e calidade das adxudicacións. Emma González sinala que, para facilitar o acceso aos contratos, a lei establece como criterio de adxudicación a mellor relación entre a calidade e o prezo. “Establécese un criterio de calidade e prezo polo cal xa non será adxudicataria a empresa coa oferta económica máis baixa. Ábrense novas oportunidades de negocio para as pemes, que poderán optar nas mesmas condicións a estes contratos públicos” –indica–. 

Un segundo grupo de iniciativas pretende facer máis transparentes todas as fases da contratación do sector público, co obxecto de mellorar o seu control e supervisión. Emma González indica que os poderes adxudicadores terán que garantir que os contratistas cumpran coas normas aplicables en materia medioambiental, social ou laboral. 

Ademais, a experta destaca que a normativa establece a incorporación de novos sistemas de gobernanza que velarán pola excelencia das prácticas no ámbito dos contratos dos sector público, con fin de avanzar en transparencia e facilitar o acceso á información en todas as fases de execución do contrato. Neste punto, Emma González indica que a lei será accesible a través da Plataforma de Contratos do Sector Público, e tamén destaca a obrigatoriedade da contratación electrónica. Tamén apunta que a mesa de contratación estará encabezada pola figura de responsable do contrato, un funcionario ou empregado designado para que o adxudicatario saiba a que persoa dirixirse. 

Por outra parte, a avogada explica que a normativa introduce melloras na xestión da contratación do sector público, no ámbito da dispoñibilidade da información e a transparencia, a través da reforma das novas figuras contractuais que introduce a lei —por exemplo, suprímese o procedemento negociado sen publicidade por razón de contía, redúcense os límites dos contratos menores e increméntase a súa publicidade–.

Estas innovacións na regulación dos contratos do sector público complétanse cun mecanismo eficaz que garante o seu cumprimento, a “nova gobernanza". A avogada sinala que se crea unha nova Oficina Independente de Regulación e Supervisión da Contratación, con independencia orgánica e funcional, que nace para salvagardar a correcta aplicación da contratación pública, o respecto aos principios de publicidade y concorrencia, e de verificar co máximo rigor as obrigas e boas prácticas de transparencia, co fin de previr, detectar e solucionar posibles prácticas de corrupción e conflitos de interese. “A normativa réxese por un criterio de transparencia co obxecto de evitar a corrupción”  –apunta Emma González–.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela