aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

06/03/2018:  A Cámara de Santiago impulsou a creación de 60 empresas lideradas por mulleres en 2017 e 55 postos de traballo

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostelá sitúase no segundo posto do ranking nacional do Programa de Apoio Empresarial á Muller (PAEM), cos mellores resultados de 2017 en número de usuarias, demandas de asesoramento, creación de empresas e de emprego. Prestou axuda a 358 usuarias e rexistrou 506 demandas de asesoramento, ademais de axudar a crear 60 empresas e 55 postos de traballo asalariado o pasado ano, con 36 mulleres e 19 homes empregados.  

O PAEM é un programa que naceu hai dezaoito anos e está desenvolto pola Cámara de Comercio de España, a través da rede de cámaras territoriais, o  Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades co financiamento do Fondo Social Europeo. Ten como obxecto primordial sensibilizar ás mulleres e ao seu contorno cara o autoemprego e a actividade empresarial e actuar como instrumento eficaz para a creación e consolidación de empresas. O programa apoia calquera fase do proxecto, tanto no inicio da idea empresarial, como na súa posta en marcha e consolidación. 

Os técnicos especializados da Cámara de Santiago ofrecen información sobre oportunidades de autoemprego, lexislación, trámites e direccions de interese. Asesoran de forma personalizada sobre plans de viabilidade, xestión empresarial ou novas tecnoloxías, axudan a preparar o plan de empresa para presentalo ante os posibles financiadores, e respaldan as peticións de financiamento coas entidades coas que existen acordos previamente suscritos, entre outros servizos. 

Tamén conta con asesoramento en liña desde a páxina web http://empresarias.camara.es/, onde en menos de 48 horas resólvense as dúbidas expostas polas emprendedoras. O programa facilita ademais o financiamento dos proxectos impulsados por mulleres a través de microcréditos con avais de Microbank de Caixabank.

O perfil da muller PAEM é o dunha emprendedora entre 25 e 54 anos, con estudos universitarios e en paro durante menos de 12 meses 

O perfil da muller PAEM, según datos manexados pola Cámara de Comercio de España, é o dunha emprendedora (84,6%), cunha idade comprendida entre os 25 e os 54 anos (83,6%), que leva menos dun ano en paro (35,9%) e con estudos universitarios (47,3%). Por áreas de actividade, o maior número de novas empresas está adicado ao comercio ao por menor no sector téxtil, á restauración e ao coidado persoal. 

Por Comunidades Autónomas, en canto a empresas creadas destacan Andalucía (350), Galicia (253) e Castela e León (251). As dúass primeiras son tamén as que xeraron máis emprego (421 e 416 postos de traballo, respectivamente).

 #QuieroSerMiPropiaJefa

Coincidindo co Día Internacional da Muller, que se celebrará este xoves 8, a Cámara de España puxo en marcha a campaña “Quiero ser mi propia jefa”, para animar ás mulleres a emprender o seu propio negocio, utilizando o servizo de asesoramento on line del PAEM empresariasNet. A Cámara de Santiago uniuse a esta campaña que se desenvolve en Twitter, Facbook, Linkedin e Instagram co hashtag #QuieroSerMiPropiaJefa, xunto a mensaxes motivadoras e inspiradoras para fomentar a vocación empresarial entre as mulleres.

A campaña será difundida ademais por bloggers e influencers que viviron en primeira persoa o proceso de crear unha empresa para que compartan as súas experiencias e inspiren ás novas emprendedoras. Asimesmo, distribuiranse folletos divulgativos en todas as Cámaras de Comercio con información básica sobre o PAEM.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela