aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

06/02/2018:  A Cámara de Santiago organizou 95 cursos e xornadas en 2017 que contaron con máis de 2.200 participantes

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela programou o pasado ano un total de 95 accións formativas –32 cursos e 63 xornadas–, o que supón un incremento da actividade de formación dun 13% con respecto a 2016, ano no que se executaron 84 cursos. Igualmente acontece co número de alumnos, que en 2017 foron 2.290, un 22% máis en relación a 2016 cando se rexistraron 1.897 persoas formadas.

Analizadas as enquisas de actividade formativa (EAF), realizadas de forma anónima polos alumnos, obsérvase un alto nivel de satisfacción dos participantes en cursos, xa sexa pola formación impartida ou polo nivel do profesorado. 

A temática centrouse en formación sobre informática e novas tecnoloxías, contabilidade e fiscalidade, recursos humanos, comercio e distribución e comercio e marketing. Ademais programouse formación específica, desenvolta en colaboración con outros organismos ou institucións, como son os cursos de formación troncal e específica do Programa Integral de Cualificación y Empleo (PICE), cofinanciados polo Fondo Social Europeo; cursos de contabilidade e xestión laboral celebrados co Instituto Empresarial de Contabilidad y Economía (IECE); un curso para mellorar as habilidades emprendedoras, celebrado en colaboración con Coaching para Ingenieros; e unha xornada empresarial coa compañía aérea Lufthansa sobre oportunidades comerciais en Alemaña; entre outras. 

Ademais, en 2017 a Cámara desenvolveu o Plan de apoio á competitividade do comercio minorista, financiado por fondos Feder da Unión Europea e promovido polo Ministerio de Economía e a Cámara de España para executar liñas de actuación orientadas á innovación e competitividade no pequeno comercio. A entidade realizou diagnósticos de punto de venda e innovación comercial e talleres formativos.

 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela