aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

18/01/2018:  A Cámara de Comercio de Santiago axudou a máis de 180 de empresas a innovar e mellorar a súa capacidade competitiva en 2017

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela ofreceu en 2017 multitude de servizos profesionais de innovación. Un dos programas de innovación máis activos foi InnoCámaras, un plan que axuda a autónomos e pemes a innovar mediante o asesoramento gratuíto e as axudas directas á innovación, con financiamento dun 80 por cento do plan de apoio á innovación. O programa, impulsado pola Cámara de España con financiamento Feder, ofrece un diagnóstico da empresa e o desenvolvemento e implantación do proxecto innovador. Foron admitidas para a convocatoria 23 empresas. 

Outra alternativa para innovar é o programa TicCámaras. Ten por obxecto impulsar a incorporación de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) como ferramentas competitivas claves na estratexia das pemes participantes. Na convocaroria participaron 47 empresas. 

Outro servizo que ofrece o departamento de innovación son os certificados de Carmerfirma. “O certificado dixital é unha ferramenta indispensable para mellorar a competitividade da empresa porque aforra tempo e imprescindible para as empresas nos seus trámites coas Administracións Públicas” –explica o técnico Anselmo Díaz–. En 2017, a Cámara emitiu 18 certificados dixitais a empresas e autónomos e 42 a particulares para inscribirse no Programa Integral de Cualificación y Empleo (PICE). 

Ademais, organizáronse varias xornadas informativas e divulgativas orientadas á sensibilización das empresas no uso das novas tecnoloxías, que contaron con 95 alumnos. Celebráronse xornadas sobre como atraer visitantes a un sitio web, de fomento da internacionalización dixital e sobre os aspectos máis significativos da propiedade industrial.

 A web corporativa – http://www.camaracompostela.com – recibiu o pasado ano 54.292 visitas 

A Cámara de Santiago afianza a súa presenza en Internet a través da súa páxina web, redes sociais e o boletín informativo. A web corporativa www.camaracompostela.com incrementa progresivamente as súas cifras de visitantes distintos e número de visitas, situándose nunha media mensual de 54.292 páxinas vistas en 2017 –cun incremento dun 5% respecto de 2016–, e unha media de visitantes distintos mensuais de 5.382, o que supón un incremento do 22% con respecto ao ano anterior.

Anselmo Díaz sinala que a web é un escaparate sempre visible desde calquera punto do mundo, que permite manter aos interesados informados sobre as actividades e servizos da entidade. “Medir o tráfico web do noso sitio é o termómetro ideal para coñecer o seu rendemento” –explica–. 

Ademais, a Cámara de Comercio estende a súa información polas redes sociais, con máis de 2.200 Me Gusta en Facebook e 3.096 seguidores en Twitter, incrementando o seu impacto no social media en relación a 2017. O establecemento da marca Cámara neste tipo de canles interactivos permite achegar a entidade ás empresas da demarcación coa finalidade de presentarlles os servizos, proxectos, programas e coñecer as súas necesidades dunha forma organizada. Inclúe nos seus muros información relativa a eventos e actos da organización, cursos e xornadas de formación, actividades de internacionalización ou programas de creación de empresas. “A estratexia xeral da Cámara en marketing dixital e redes sociais consiste en orientar os esforzos para ser máis accesibles ás empresas da nosa demarcación” –apunta Anselmo Díaz–. Outras das ferramentas on line que emprega a Cámara de Comercio de Santiago é o boletín informativo, do que se enviaron 36 versións no último ano a un total de 4.780 inscritos. 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela