aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

20/12/2017:  Illa Bufarda, Brazolinda e o Colexio de Avogados de Santiago distinguidas na XVIII edición do Premio Manuel Beiras

O vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, Evaristo Rodríguez, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deron a coñecer hoxe en rolda de prensa o nome dos gañadores do Premio Manuel Beiras. Illa Bufarda, Brazolinda e o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela son as empresas e entidade galardoadas nesta décimo oitava edición. 

Martiño Noriega destacou os dezaoito anos de convocatoria dun premio que positiviza o uso do galego no eido comercial, e demostra como a lingua é un valor engadido no tecido económico da cidade. “Santiago é unha cidade que fai uso da lingua e é un exemplo para o resto do país” –indicou–. Pola súa parte, Evaristo Rodríguez sinalou que se presentaron ao premio sobre unha trintena de empresas que demostraron o seu compromiso co uso e divulgación do galego a nivel comercial.

Na categoría de empresas cun uso continuado do galego obtivo o premio Illa Bufarda, produtora creativa que ofrece servizos de creación e formación en videocreación, fotografía, animación e deseño. O xurado outorgálle esta distinción polo feiro de que eles mesmos entenden que transversalmente a toda técnica audiovisual, o uso normalizado da lingua galega resulta en si unha acción promotora do galego: “O audiovisual visibiliza, difunde e normaliza” –destacou o xurado–. 

Na categoría de nova incorporación ao galego o recoñecemento recaeu na empresa Brazolinda, un proxecto de deseño, fabricación e venda de xogos de mesa e xoguetes feitos de maneira artesanal. Crea xogos pensados para xogar en grupo ou en familia, grandes e pequenos, dándolle forma a unha actividade enriquecedora tanto desde o punto de vista da aprendizaxe de actitudes, dinámicas, habilidades matrices e mentais. Pero o xurado apuntou que nos xogos de Brazolinda non só se mima a parte educativa de cada xogo en concreto ou a parte do divertimento e a estética, senón que o idioma ocupa tamén un lugar principal.

O xurado acordou tamén conceder a distinción especial do Premio Manuel Beiras ao Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, que desde o ano 2004 ten un servizo de asesoramento lingüístico como froito do compromiso coa defensa do idioma propio de Galicia por parte da xunta de governo do Colexio profesional. Este servizo lingüístico traballa sobre tres eixes principais: o de asesoramento, formación e dinamizador, coa fin de facilitar o uso do galego no eido xurídico, unha labor que ten especial trascendencia pola súa visibilidade social e empresarial. 

O xurado estivo composto polo vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, Evaristo Rodríguez; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Beatriz Corral; da Universidade de Santiago, Mª do Carme Silva; do Colexio Oficial de Xornalistas, Belén Regueira; en nome da Associaçom Galega da Língua, Carlos Quiroga; da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López Crespo; e os representantes de cada unha das empresas premiadas na edición anterior –Alejandro López, de Miranda Priestley;  Xema Varela, de Nanube; e Herique Alvarellos, da Editorial Alvarellos–.

O acto de entrega de premios celebrarase esta tarde, ás 20:00 horas, na Cámara de Comercio de Santiago. Asistirán o presidente da Cámara de Comecio de Santiago, Jesús Asorey, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o vicepresidente cameral, Evaristo Rodríguez. Ademais, contarase coa participación doutros representantes políticos e empresariais, como o político nacionalista Xosé Manuel Beiras –fillo do galeguista Manuel Beiras de quen provén o nome deste galardón–; o voceiro parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga; o voceiro de En Marea, Luís Villares; a deputada do grupo parlamentario de En Marea, Luca Chao; a valedora do Pobo, Milagros Otero; e os representantes dos Grupos Municipais de Santiago.

Jesús Asorey explica que, comprometidos activamente durante xa dezaoito anos coa promoción do uso do galego no ámbito empresarial, Cámara e Concello continúan estimulando a participación nas diversas categorías a comercios, emprendedores e firmas destacadas. “O Premio Manuel Beiras é unha historia de éxito fundamentada na colaboración, pero debemos seguir loitando por manter e mellorar esta iniciativa” –sinala–. Ademais, o presidente destaca que a Cámara sempre estivo comprometida co progreso de Santiago e Galicia, e co idioma propio. E agradece tamén a Manuel Portas e Evaristo Rodríguez o seu traballo como impulsores do galardón, “porque destrás das iniciativas hai persoas con nome propio que tiran delas”.

Distinción de Acisclo Manzano 

Os galardoados recibirán unha distinción consistente nunha escultura creada polo artista Acisclo Manzano. Poderán amosar nos seus establecementos a posesión deste premio como unha garantía máis de que respectan o idioma galego. O nome do Premio Manuel Beiras é unha homenaxe a este galeguista polo seu apoio á lingua, ademais de pola súa actividade como comerciante compostelán. Recibiu a Medalla de Ouro da cidade pola súa contribución cultural, un exemplo de compromiso colectivo desde o sector socioeconómico.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela