aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

13/12/2017:  A Cámara de Comercio de Santiago no Encontro mostra transfronteiriza da xuventude emprendedora

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pon en marcha EMOTRAXE, un espazo de encontro e de aprendizaxe para que a xuventude poda compartir experiencias e emocións á vez que amosar publicamente as súas vivencias de participación, compromiso social e de emprendemento.

Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), cun orzamento de 1.428.692,94 euros e unha duración de catro anos. Ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio.

Este encontro forma parte da actividade "Emprende" dirixida a aquelas iniciativas, ideas, entidades que desexen iniciar unha nova liña de negocio, que conten con un grao de madurez suficiente co obxectivo de apoialas, afianzalas e acompañalas durante a súa posta en marcha. Neste encontro os mozos e mozas poderán coñecer e intercambiar experiencias con outras persoas mozas, tanto do propio territorio do proxecto como doutros territorios transfronteirizos.  

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federação Nacional de Associações Juvenis Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Emotraxe pretende ser un espazo a disposición da xuventude no que mozos e mozas e axentes públicos e privados trasladen os seus proxectos en distintos ámbitos, co fin de xerar ilusión e contaxiar do seu espírito emprendedor e comprometido.

O encontro estará aberto a mozas e mozos emprendedores, membros de asociacións xuvenís  e  entidades prestadoras de servizos á xuventude, persoas participantes en actividades de voluntariado, mozas e mozos membros de grupos informais, técnicos/as de xuventude, informadores/as xuvenís, educadores/as, mediadores/as xuvenís e todas as mozas e mozos con espírito de iniciativa e persoas interesadas na materia.

Emotraxe facilitará a cada entidade xuvenil que o desexe un espazo para a exposición de ideas, actividades e proxectos, con zona de stands dos diferentes colectivos participantes.

Así mesmo, a organización farase cargo dos traslados necesarios das persoas que se inscriban, poñendo á súa disposición distintas liñas de transporte, sempre que haxa unha cota mínima de participantes para cada liña.

As inscricións poderán realizarse en liña a través deste formulario ata o día 13 de decembro ás 14.00 h.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela