aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


16/11/2017:  O conselleiro de Economía falará sobre a Lei de Implantación Empresarial o 22 de novembro na Cámara de Comercio de Santiago

O ciclo de conferencias da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela continúa este mes de novembro coa conferencia do conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, titulada “A Lei de Implantación Empresarial, unha oportunidade para o crecemento do tecido empresarial galego”. Será o vindeiro mércores,  22 novembro, no salón de actos da entidad a partir das 20:00 horas. Esta charla porá o peche ao ciclo de 2017, destinado a analizar a situación económica, social e cultural do país a través de personaxes de gran relevancia nos diferentes ámbitos. 

Segundo manifestou xa o conselleiro, a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia pretende facilitar o investimento e reducir á metade o prazo de tramitación para novos proxectos industriais. A normativa busca favorecer o investimento, a creación de empresas e a fixación de tecido industrial en Galicia, de modo que traerá consigo menos burocracia, maior axilidade administrativa e incentivos fiscais e financeiros.

Francisco Conde (Monforte de Lemos, 1968) é licenciado e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid. Entre 1995 e 2009 foi profesor de Economía Aplicada na Universidade CEU San Pablo onde ocupou diferentes responsabilidades: director da aula de Estudos Europeos Robert Schuman, secretario do Instituto Universitario de Estudos Europeos, vicedecano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de 2002 a 2004, director de Relacións Internacionais de 2004 a 2005 e vicerreitor de Relacións Internacionais de 2005 a 2009. Tras traballar como asesor do presidente da Xunta de Galicia de 2009 a 2012, foi nomeado Conselleiro de Economía e Industria en decembro de 2012 e desde outubro de 2015 asume tamén as competencias en materia de Emprego.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela