aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Vendedores que venden. Marcelo Castelo
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


13/11/2017:  Visita de alumnos do CIFP Compostela e o IES Macías O Namorado de Padrón ao viveiro de empresas da Cámara de Comercio

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela abre as portas do seu viveiro de empresas mañá martes, día 14, para un grupo de trinta alumnos do ciclo superior de servizos e do ciclo medio de impresión gráfica do CIFP Compostela, ás 9:30 horas. E ás 12:00 horas, vinte e cinco alumnos de 2º de Bacharelato do instituto Macías O Namorado de Padrón percorrerán as instalacións da incubadora e escoitarán os consellos dun emprendedor para a creación e posta en marcha dun proxecto empresarial. Esta campaña de fomento do espírito emprendedor no ámbito educativo de Santiago e a súa área metropolitana iniciouse hoxe coa visita dun grupo de estudantes de formación profesional do CIFP Compostela. 

Programáronse un total de nove visitas e charlas para diversos grupos de alumnos de ciclos medios e superiores de formación profesional ata o 30 de novembro. Estas accións forman parte dun programa de Dinamización e Fomento do Espírito Emprendedor no Ámbito Educativo posto en marcha co apoio de Cámara de España e o Fondo Social Europeo. 

Esta visita guiada permitirá ao alumnado coñecer de primeira man o funcionamento da incubadora empresarial e os servizos de creación de empresas que se prestan aos emprendedores e empresarios da demarcación cameral. 

Ademais, os estudantes achegaranse ao mundo empresarial e ao autoemprego como unha opción laboral viable. Estas actuacións, destinadas a alumnos de secundaria, bacherelato e formación profesional, permiten avanzar no emprego, igualdade, crecemento, competitividade e innovación das empresas do futuro contribuíndo a enriquecer a cultura emprendedora dos máis novos. Como cume das visitas, os alumnos asistirán a unha charla sobre a experiencia profesional e vital dalgún emprendedor situado no viveiro cameral.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela