aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


06/10/2017:  A Fundación Galicia Europa convoca o curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza do proxecto europeo Lidera

 

A Fundación Galicia Europa convoca o curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza, que terá lugar  entre o 16 de outubro e o 28 de novembro de 2017. Combinando actividades presenciais en grupo con outras  de carácter individual, os participantes recibirán asistencia e titorización especializada para coñecer a dinámica dos proxectos de cooperación transfronteiriza, as posibilidades que ofrece o financiamento europeo neste ámbito, o proceso de elaboración dunha convocatoria e a oportunidade de descubrir e coñecer a outras persoas e entidades  interesadas na creación de novos proxectos transfronteirizos. Esta actividade vai dirixida a mozos entre os 18 e 30 anos en situación de desemprego, no período de formación, ou en mellora laboral. Daráselle prioridade aos residentes próximos á zona de celebración e á orde de inscrición, tendo como máximo 15 participantes.  
Para este curso, a Fundación Galicia Europa contará coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, onde se impartirán as actividades de carácter presencial, e dos demais socios do proxecto: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cámara Oficial de Comercio, Industrial, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, Asociación Comercial  de Emprendedores de Galicia (ASCEGA), Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e Comunidade  Intermunicipal do Ave.   
O Curso  de Axentes  de Cooperación Transfronteiriza é unha actividade do proxecto Lidera, un proxecto europeo que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), e que conta cun financiamento  europeo  de 1,4 millons  de euros  e unha duración  de catro anos. No seu obxectivo de promover o desenvolvemento económico transfronteirizo en Galicia e a Rexión Norte de Portugal a través do fomento das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos, as actividades impulsadas por  Lidera están orientadas a loitaren contra o desemprego xuvenil, a fuga de talento e concederen as ferramentas  necesarias  para que este colectivo sexa un motor de pulo económico destas rexións. Para este propósito, Lidera centrarase en tres fases principais denominadas “Crece, Cataliza e Emprende”, durante as cales se levarán a cabo unha serie de actividades orientadas a ampliar e mellorar as oportunidades laborais dos mozos. O Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza forma parte da Fase “Cataliza”, que ten como obxectivo mellorar, potenciar  e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude, mediante a realización  de actividades  de tutorización e asesoramento  individualizado, formación personalizada,  e coaching personal. Ao longo do proxecto realizaranse 2 cursos.

 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela