aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


29/09/2017:  Internaco, Obras Civiles del Atlántico e Iceacsa, finalistas do Premio Peme do Ano de A Coruña

O xurado do  Premio Peme do Ano da Coruña elixiu ás empresas Internaco,  Obras Civís do Atlántico, e Iceacsa, como finalistas deste galardón, convocado pola Cámara de Comercio da Coruña, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e o Banco Santander, coa colaboración do diario La Voz de Galicia.

O xurado destacou a vocación internacional e a aposta pola innovación e o emprego de calidade como méritos principais das tres empresas finalistas, que traballan nos sectores de maquinaria, obra civil e enxeñería.

O nome da empresa gañadora darase a coñecer nun acto na Cámara de Comercio da Coruña o próximo día 18 de outubro.

O xurado do Premio Peme do Ano da Coruña estivo composto por Gonzalo Ortiz, director xeral da Cámara da Coruña; Fernando Barros, secretario xeral da Cámara de Santiago; María Jesús Luengo, directora de Comunicación e Márketing da Cámara de España; José Luis García García, deputado de Promoción Económica e Emprego da Deputación Provincial da Coruña; e Pablo Gil Ortiz, director de Zona Empresas Territorial Galicia-Asturias de Banco Santander.

O Premio Peme do Ano da Coruña foi convocado con vocación de subliñar o papel das pemes españolas na xeración de benestar xeral para o conxunto da sociedade española. Este proxecto respondeu ao interese da Cámara de Comercio da Coruña, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e o Banco Santander por axudar ao progreso das empresas e as familias e pretende recoñecer e dar visibilidade ao esforzo diario dos empresarios e a súa contribución ao desenvolvemento económico e á creación de emprego. A iniciativa, ademais, profunda a colaboración entre Banco Santander, a rede de Cámaras de Comercio e os medios de comunicación locais.

O Premio Peme do Ano 2017 da Coruña estivo aberto a pequenas e medianas empresas, de menos de 250 empregados, cunha facturación anual inferior aos 50 millóns de euros no exercicio 2016 e con sede social na provincia da Coruña

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela