aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Vendedores que venden. Marcelo Castelo
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


31/08/2017:  O viveiro de Costa Vella recibe a visita de participantes da lanzadeira de emprego de Santiago, impulsada pola Fundación Santa María La Real da man do debuxante Peridis

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela organizou hoxe unha visita guiada ao viveiro de empresas de Costa Vella para un grupo de quince participantes da “Lanzadera de Empleo y Emprendimiento Solidario de Santiago”, un programa impulsado pola Fundación Santa María La Real del Patrimonio Histórico, Fundación Telefónica e Xunta de Galicia que conta con financiamento do Fondo Social Europeo. O proxecto de innovación social está orientado a mellorar a intervención coas persoas desempregadas.

O obxecto deste tipo de xornadas divulgativas é contribuír ao desenvolvemento das calidades persoais relacionadas co emprendedor desde idades temperás; fomentar as iniciativas emprendedoras desde o ámbito educativo; e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como una alternativa laboral digna e viable. Ademais, os particantes coñecerán os servizos de creación de empresas que se prestan aos emprendedores e empresarios da demarcación cameral.

Un técnico da Cámara de Comercio dirixirá a visita, aproximadamente dunha hora e media de duración. Os alumnos percorrerán as instalacións da incubadora e asistirán a unha charla dirixida pola emprendedora Berta Domínguez, da empresa Apli Formación, que compartirá cos visitantes a súa experiencia persoal como emprendedora instalada no viveiro da Cámara. Apli, ou Métodos Aplicados de Formación, é unha consultoría de formación comprometida con favorecer e mellorar as competencias profesionais das persoas.

As lanzadeiras de emprego representan unha nova filosofía na intervención social do desemprego. Nacen en 2013 da man do arquitecto, debuxante, humorista e escritor José María Pérez, máis coñecido como “Peridis” (Cabezón de Liébana-Cantabria, 1941), como presidente da Fundación Santa María La Real del Patrimonio Histórico, para ofrecer unha alternativa e solución ao momento actual de crise económica global e as elevadas taxas de paro. Despréndense dos comportamentos pasivos, asociados de forma tradicional á persoa desempregada, e chaman ao traballo en equipo comprometido e proactivo para que as persoas recobren a ilusión e descubran todas as competencias e habilidades de que dispoñen para atopar traballo ou desenvolver o seu proxecto empresarial. Actualmente, en Galicia hai sete lanzaderas, en Santiago de Compostela, Lalín, Carballo, A Coruña, Ferrol, Pontevedra e Lugo.

A expansión do modelo prodúcese en 2015, co respaldo do Ministerio de Empleo e a implicación de diferentes entidades. Desde o inicio do programa ata a actualidade, Fundación Santa María la Real puxo en marcha máis de 130 lanzadeiras en 68 cidades de 15 Comunidades Autónomas, chegando a case 3.000 participantes e rexistrando unha media de inserción laboral que supera o 60%.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela