aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Vendedores que venden. Marcelo Castelo
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


03/07/2017:  A Cámara de Santiago ofreceu servizo a 5.500 empresas o pasado ano, dinamizando económica e socialmente a demarcación

 A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela presenta a súa MEMORIA 2016 que recolle as actividades e servizos dos que se beneficiaron un total de 5.546 empresas das comarcas de Santiago, Barbanza e Melide. O presidente da Cámara, Jesús Asorey, sinalou que a entidade desempeña un “relevante papel dinamizador económico e social na súa demarcación”, integrada por treinta e dos municipios da metade sur da provincia coruñesa. “A pesar das dificultades, desde a Cámara compostelá seguimos ofrecendo os mellores servizos de asesoramento en materia de formación, innovación e competitividade, proxectos europeos, internacionalización e creación de empresas” –manifesta–. 

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organizou durante 2016 dúas accións comerciais no exterior, nas que participaron vinte empresas, dentro dos Plans de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA), patrocinados polo Igape, e dentro de Accións Complementarias da Unión Europea. Estes grupos empresariais viaxaron en misión comercial plurisectorial a Perú-Colombia e á Feria de alimentación e bebidas de Suíza Galician Gourmet Extravaganza. En relación ás certificacións de orixe, a Cámara de Comercio expediu durante 2016 un total de 1.982 a empresas da súa área de influencia. 

O viveiro de Costa Vella,  entre os máis “avanzados” de España pola calidade superior nos seus servicios prestados, segundo Funcas 

O viveiro de empresas, ubicado no polígono santiagués de Costa Vella, é un ano máis a mellor incubadora de Galicia, tal como di o Ranking Global da Fundación de las Cajas de Ahorros (FUNCAS). O indicador analiza e desglosa en cinco apartados a actividade dos viveiros: difusión do espíritu emprendedor, pre-incubación, incubación básica, incubación avanzada e graduación. Nesta edición, o ranking global Funcas de viveiros de empresas 2016/2017 sitúa ao viveiro da Cámara de Santiago no posto número cinco de ranking de avanzados, ao ser unha incubadora “cunha calidade superior nos seus servizos”. En 2016 incubáronse 50 proxectos empresariais (28 no viveiro físico e 22 no virtual). En cuestións de emprendemento, 2016 foi un ano moi fructífero. Inauguráronse os viveiros de Ribeira e Melide, nos que a Cámara exerce de asesor técnico para avaliar os proxectos candidatos a instalarse en sendos centros. 

Ademais, a Cámara puxo en marcha un curso máis as súas charlas divulgativas en centros de ensino dos concellos da súa demarcación e as visitas guiadas ás instalacións do viveiro de empresas co fin de atopar futuros emprendedores. As xornadas de fomento do espírito emprendedor cooperativo, realizadas en colaboración coa Rede Eusumo da Xunta de Galicia, contaron coa participaión de 278 estudantes, e as xornadas no ámbito educativo do programa “Autoemprego: Atrévete” tiveron 581 alumnos.

Durante o pasado ano, un total de 347 usuarias, entre emprendedoras e empresarias, usaron os servizos do Programa de apoio empresarial ás mulleres (PAEM), promovido polo Instituto da Muller e o Consello Superior de Cámaras con financiamento do Fondo Social Europeo. Ten como obxectivo erradicar os obstáculos que atope a muller para acceder e consolidarse no mercado laboral. Atendéronse 460 demandas de asesoramento e creáronse 62 novas empresas. Ademais de potenciar o autoemprego, xeráronse 80 novos postos de traballo asalariado, 53 deles desempeñados por mulleres e 29 por homes.

84 cursos e 1.879 alumnos 

No apartado de formación, a Cámara de Comercio programou durante 2016 un total de 84 cursos formativos que contaron coa asistencia de 1.879 alumnos. En materia comercial, a Cámara desenvolveu en 2015 o “Plan de apoio á competitividade do comercio minorista 2016” orientado á innovación e competitividade do pequeno comercio. Realizáronse dezaséis diagnósticos nos puntos de venda e catro talleres sobre venda online e posicionamento en redes sociais en Melide, Santa Comba e Ribeira, e outro de marketing das grandes marcas aplicado ao comercio minorista en Santiago nos que participaron 176 persoas. Ademais, desenvolveu accións no “Programa Integral de Cualificación y Empleo” (PICE) tramitando a inscrición de 171 candidatos de entre 16 e 29 anos. 

12 candidaturas a proxectos europeos 

No departamento de Proxectos Europeos presentáronse en 2016 doce candidaturas variadas para programas de cooperación transfronteiriza e de Erasmus en materia de emprendemento, e un proxecto de cooperación multilateral para dar apoio á internacionalización das pemes en mercados asiáticos, liderado formalmente pola Cámara de Comercio de Milán co soporte de Eurochambres, participando a Cámara de Santiago desde o principio no consorcio con outras seis cámaras españolas e baixo a coordinación da Cámara de España.

 Actividades e relacións institucionais 

Un dos acontecementos sinalados de 2016 foi a sinatura dunprotocolo coa Universidade e o Concello de Santiago para establecer principios de colaboración e fortalecer a unión das tres institucións co obxecto de promover o emprendemento empresarial e a innovación tecnolóxica. O convenio fraguose coa intención de acceder conxuntamente a fondos da Unión Europea e doutras Administracións Públicas.

En canto ás relaciones institucionais, a Cámara recibiu o pasado ano a visita de diversas personalidades internacionais. Celebrouse un encontro co embaixador de Turquía en España, co agregado político de EEUU e o embaixador de Paraguai en España.

Unha cita constante na sede cameral é a reunión do Foro Cívico Empresarial. En 2016 a agrupación mantivo varios encontros para debater o estado actual das infraestruturas da cidade e o seu contorno, analizando a situación do proxecto do enlace orbital, a estación intermodal, a estación de carga da Sionlla e a variante de Aradas. Para coñecer a fondo os proxectos, o Foro reuniuse co alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez; e a ministra de Fomento, Ana Pastor.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela