aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Ciclo de Conferencias Conozca todo sobre Patentes y Marcas Gratis! IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


26/06/2017:  A Cámara de Santiago entrega os diplomas aos 40 alumnos da formación troncal e específica do programa PICE de empregabilidade para menores de 30 anos

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela entregou hoxe os diplomas aos 40 alumnos da formación troncal e específica do plan de capacitación do Programa Integral de Cualificación y Empleo (PICE), unha iniciativa integrada no Plan Nacional de Implantación de la Garantía Juvenil do Ministerio de Empleo y Seguridad Social que conta con financiamento do Fondo Social Europeo e da Cámara de Comercio de Santiago. O acto estivo presidido polo presidente da Cámara, Jesús Asorey, o secretario xeral, Fernando Barros, e a técnico de Formación e Emprego, Isabel Garrido

O programa gratuíto PICE está composto por un conxunto de accións de orientación, formación e achegamento ás empresas que persegue a empregabilidade de mozos e mozas de 16 a 29 anos. Está deseñado a medida do perfil, intereses e grao de cualificación e capacitación dos máis novos e responde á demanda actual das empresas. 

Dentro do plan de capacitación do PICE, destinado a ofrecer accións directas de formación, adaptadas ás capacidades e necesidades e ás demandas empresariais para favorecer as posibilidades de inserción laboral de cada participante, celebráronse entre os meses de abril e un cursos de formación troncal e tres de formación específica, todos gratuítos. Ofreceuse orientación en temas de empregabilidade, con información referente a habilidades persoais e sociais, competencias dixitais para a busca de emprego e idiomas. 

En relación á formación específica, para o que foi preciso cursar primeiro a formación troncal, organizouse un curso práctico de xestión laboral e administración de persoal con nocións de contratación, nóminas e seguros sociais.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela