aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Ciclo de Conferencias Conozca todo sobre Patentes y Marcas Gratis! IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


22/05/2017:  O Foro Cívico amosa a súa preocupación polo descoñecemento dos proxectos das infraestruturas de Santiago e a súa contorna

O Foro Cívico Empresarial celebrou o pasado xoves, día 18, un encontro para debater o estado actual das infraestruturas previstas en Santiago de Compostela para o ano 2017. Os membros do colectivo expresaron de forma unánime a súa preocupación ante o descoñecemento dos proxectos das infraestruturas da cidade e a súa contorna, tras máis dun ano das xuntanzas mantidas cos representantes das Administracións local, autonómica e estatal, onde manifestaron publicamente unha serie de compromisos que aínda non se cumpriron.

Coa finalidade de intervir activa e conxuntamente nos asuntos trascendentais da cidade capital de Galicia, o Foro remite de novo ao Concello de Santiago (Grupo de Goberno e resto de grupos municipais), Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia e Ministerio de Fomento un escrito no que se solicita formalmente unha entrevista para coñecer os proxectos, o investimento comprometido, o calendario e a situación e evolución real das grandes infraestruturas da cidade. O Concello de Santiago xa confirmou data para reunirse co Foro o vindeiro 1 de xuño. O alcalde, Martiño Noriega, asistirá á xuntanza que se celebrará ás 20:00 horas na Cámara de Comercio de Santiago.

O colectivo quere manter estes encontros informativos para recadar información sobre os proxectos da estación intermodal, orbital, variante de Aradas, autovía Lugo- Santiago (A-54), a estación de carga de mercadorías da Sionlla, a depuradora, o aeroporto ou outros asuntos vitais para Compostela como o desenvolvemento dun plan estratéxico de cidade, o Camiño de Santiago, a cuestión da capitalidade, a convocatoria do Real Patronato da Cidade de Santiago de Compostela, ou a ampliación do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), e a nova Facultade de Medicina da USC.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela