aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Ciclo de Conferencias Conozca todo sobre Patentes y Marcas Gratis! IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


05/05/2017:   Riveira e a Cámara de Santiago renovan o convenio de xestión do viveiro de empresas para convertilo nun “centro de referencia comarcal”

O alcalde de Riveira, Manuel Ruiz, e o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, asinaron hoxe no consistorio riveirense a renovación do convenio de colaboración para a xestión do viveiro de empresas municipal, inaugurado o 29 de marzo de 2016 nas instalacións do antigo matadoiro municipal (rúa Fafián, nº 29) grazas á cofinanciación do Fondo Social Europeo (Fondos Feder), Deputación da Coruña e Concello de Riveira. 

O acordo ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre o Concello e a Cámara, encamiñadas á realización dunha xestión “óptima” da incubadora municipal, cunha dotación para unha serie de accións e actividades destinadas a fomentar iniciativas empresariais e á promoción e difusión do propio viveiro, executadas por persoal da entidade cameral en colaboración con técnicos municipais. 

Ambas institucións asinaron o pasado ano un acordo colaborativo inicial para a xestión do viveiro cunha duración determinada dun ano, mesma vixencia fixada para este novo convenio que se estenderá ata maio de 2018. Con nove despachos acondicionados, o viveiro contou cunha ocupación do 56% no se primeiro ano de funcionamento, posto que se recibiron seis propostas de proxectos das cales se materializaron cinco que finalmente se estableceron nas dependencias do viveiro. Jesús Asorey explicou que se continuará coas labores de difusión para chegar a unha “ocupación total da incubadora”, cun índice de rotación de empresas óptimo que garanta a súa viabilidade futura. “É preciso incrementar a promoción do viveiro, no só en Riveira senón en localidades limítrofes, para convertirlo nun centro de referencia comarcal” –indicou Asorey 

Actualmente, o viveiro conta con cinco proxectos instalados que recibiron o asesoramento da Cámara para realizar un estudo do seu plan de negocio:  Musieventos, empresa de recente creación dedicada á sonorización e iluminación de eventos de diversa índole; Nórtica, proxecto enfocado ao desenvolvemento de servizos de consultoría especializada, centrado na oferta de servizos de asesoramento e xestión de proxectos de I+D+i, implantación de normas ISO e financiamento; Beatriz Gómez, emprendedora cun proxecto para a explotación do seu dominio nativo da lingua inglesa e o seu amplo coñecemento no sector da alimentación, relacionado co sector pesqueiro e centrado en temas de formación, mediación (importación/ exportación) e tradución e interpretación; Conoceribeira, empresa dedicada á xestión e explotación dunha plataforma online para a promoción das actividades turísticas que se realizan na zona de Riveira, con información sobre establecementos hostaleiros e comerciais; e Jonatan Fernández Ouviña, un emprendedor cun proxecto deportivo de xestión, administración e organización de eventos e ligas deportivas, ademais de personal trainer e entrenador de clubs.

Eixos de actuación: fomento do emprendemento no ámbito educativo, estudo de proxectos e asesoramento empresarial

O programa de actividades céntrase en tres eixos de actuación sobre fomento do espírito emprendedor, estudo e análise de proxectos e asesoramento xurídico-empresarial para cubrir todo o ciclo de vida do emprendemento, desde o fomento das vocacións empresariais, pasando polo asesoramento na posta en marcha do proxecto empresarial ata a súa consolidación. 

Para difundir a cultura emprendedora un destinatario obrigado son os estudantes. A Cámara de Comercio celebrou nestes últimos meses tres xornadas divulgativas de fomento do espírio emprendedor no CIFP Coroso, no IES Nº 1 de Riveira eo CPR Plurilingüe Milagrosa. Ademais, celebráronse dúas visitas ao viveiro de empresas para alumnos do IES Leliadoura, o CPR Galaxia e unha xornada de portas abertas para calquera estudante interesado en coñecer máis sobre o mundo empresarial. Durante dúas horas, un técnico especializado en materia de emprendemento ofrece aos asistentes unha charla divulgativa e guía un percorrido polas instalacións, á vez que un emprendedor ubicado na incubadora relata aos estudantes a súa experiencia en primeira persoa.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela