aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Vendedores que venden. Marcelo Castelo
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


02/05/2017:  A Cámara de Santiago estrea sede electrónica para facilitar ás empresas o acceso ás axudas dos programas camerais financiados con fondos europeos

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela estrea a súa Plataforma de Administración Electrónica para facilitar a empresas e emprendedores o acceso ás axudas dos programas desenvolvidos pola rede de Cámaras de Comercio con cofinanciamento dos fondos europeos. Desde a fase da convocatoria ata a resolución final da axuda, todos os trámites poden realizarse por vía telemática.

Para solicitar unha axuda só son necesarios catro pasos: acceder á Sede Electrónica da Cámara de Comercio de Santiago e consultar as convocatorias abertas a través do buscador ou accedendo ás pestanas de clasificación dos trámites; iniciar a presentación identificándose cun certificado electrónico; completar os datos do solicitante, encher o formulario de solicitude e achegar a documentación requirida; e asinar e presentar o formulario completado antes da data de fin da convocatoria. 

Para efectuar a firma é necesario ter instalada a aplicación gratuíta Autofirma facilitada polo Goberno de España, que se pode descargar na seguinte ligazón: http://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html 

Nun apartado persoal, a empresa pode consultar o estado das súas solicitudes, emendar información ou achegar novos documentos e acceder ás notificacións electrónicas. O acceso a esta área privada realízase mediante certificado dixital, que asegura a privacidade da información e solicitante.

Organismo intermedio de programas europeos 

A Cámara de Comercio de Santiago actúa como organismo intermedio dos programas de axudas da Unión Europea. En total, a Cámara de España xestionará ata o ano 2020 máis de 400 millóns de euros, procedentes dos fondos europeos FEDER e FSE. A dixitalización, innovación e internacionalización de pemes, a mellora da empregabilidade da mocidade e o apoio ás mulleres emprendedoras son as principais liñas de apoio das Cámaras de Comercio que contan con cofinanciamento de fondos europeos. Sectores con gran peso na economía española, como son o turismo e o comercio contan con plans específicos cofinanciados tamén con axudas comunitarias. 

Estas accións desenvólvense a través de programas como TicCámaras, Innocámaras, Plan de Apoio á Competitividade do Comercio, Plan de Competitividade Turística, Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE), o Programa de Apoio á Muller Empresaria (PAEM), Xpande e Xpande Dixital, deseñados pola Cámara de España e executados a través da rede de cámaras territoriais.

Dispoñibilidade, accesibilidade e aforro de tempo

A través da Sede Electrónica, a tramitación e xestión das convocatorias de axuda destes programas será máis transparente, áxil e eficiente á vez que as empresas e emprendedores terán unha nova canle máis accesible, sinxela e con maior dispoñibilidade para solicitar as axudas. As xestións poderanse realizar desde calquera lugar e en calquera momento sen necesidade de desprazarse a unha oficina presencial.  A identidade, integridade e privacidade do proceso está garantido polo acceso con certificado dixital e uso de firma electrónica e canle segura. 

Acceso á sede electrónica: https://sede.camara.es/sede/santiago-compostela

Acceso ao vídeo tutorial: https://www.camara.es/blog/innovacion-y-competitividad/nueva-sede-electronica-estamos-mas-cerca-de-ti

 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela