aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Ciclo de Conferencias Conozca todo sobre Patentes y Marcas Gratis! IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


11/04/2017:  A Cámara de Comercio de Santiago organiza en xuño unha misión comercial a Arxentina e Uruguai

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela e o Igape, dentro do Plan Foexga e con apoio de fondos Feder, organizan unha misión comercial a Arxentina e Uruguai que se desenvolverá do 25 de xuño ao 2 de xullo.

Segundo explica o técnico de comercio exterior da Cámara, Fernando Pérez-Soba, España iniciou un novo período de estreitamento das relacións comerciais con Arxentina e incorporouno á lista de países prioritarios de operacións co Fondo para a Internacionalización da Empresa, “o que permitirá apoiar proxectos de investimento de empresas españolas en sectores como infraestruturas, enerxía, transporte, vivenda, servizos, investigación aplicada ou innovación tecnolóxica”. Ademais, sinala que o CESCE anunciou a reapertura da cobertura de operacións a medio e longo prazo. 

“Galicia exporta a Arxentina principalmente produtos industriais, tecnolóxicos e  agroalimentarios. Un total de 214 empresas galegas realizaron operacións de exportación con Arxentina por un valor de 98 millóns de euros en 2016” –destaca Pérez-Soba–.

E sobre Uruguai, o técnico sinala que, a pesar de ser un mercado de 3,5 millóns de habitantes, mantivo sempre unha ampla relación comercial con Galicia xa que conta con vantaxes legais, loxísticas, de transportes e infraestruturas que lle permiten ser porta de entrada á exportación no cono sur. “279 empresas galegas exportaron a Uruguai produtos e servizos por valor de 40 millóns de euros en 2016” –indica–.

 

As empresas interesadas en participar na misión poden solicitar máis información no departamento de promoción internacional da Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo; teléfono: 981 59 68 00).

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela