aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Ciclo de Conferencias Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Jornada Empresarial Lufthansa sobre Oportunidades Comerciales en Alemania
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


30/03/2017:  A Cámara de Santiago recibe esta semana a visita de estudantes de Melide, Brión e Negreira no viveiro de empresas de Costa Vella Estas xornadas de fomento do espírito emprendedor cooperativo impartiranse co apoio da Xunta de Galicia, no marco da Rede Eus

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela inicia esta semana o programa de xornadas de fomento do espírito emprededor, cofinanciadas pola Xunta de Galicia no marco da Rede Eusumo, tras ter que cancelar as actividades a pasada semana por mor do temporal.

O obxecto das charlas é contribuír ao desenvolvemento das calidades persoais relacionados co emprendedor desde idades temperás; fomentar as iniciativas emprendedoras desde o ámbito educativo; e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como una alternativa laboral digna e viable. Ademais, as xornadas están destinadas a transmitir valores empresariais e cooperativos vinculados á economía social, e dar a coñecer as cooperativas e sociedades laborais como formas xurídicas idóneas para a posta en marcha e desenvolvemento de proxectos empresariais. O persoal técnico da Cámara de Comercio impartirá as charlas divulgativas nos centros escolares e dirixirá as visitas ao viveiro de empresas cameral, situado no número 40 do Polígono de Costa Vella.

Un grupo de 34 alumnos e alumnas do ciclo de carpintería e de 1º e 2º de Bacharelato do IES de Melide visitarán mañá mércores, día 29, a incubadora ás 10:30 horas e escoitarán as directrices sobre emprendemento dos técnicos da Cámara.

O venres, día 31, percorrerán as instalacións do viveiro de empresas 20 alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES de Brión, ás 10:00 horas. E a continuación, ás 12:00 horas, será o turno para un grupo de 25 estudantes do ciclo superior de administración de sistemas informáticos en rede (Asir) e do ciclo medio de actividades comerciais do IES Xulián Magariños de Negreira, que recibirán nocións de emprendemento.

E esta semana tamén se impartirá unha xornada divulgativa, o xoves día 30 no IES de Melide ás 12:45 horas. Un técnico cameral trasladarase ao instituto melidense para dar unha charla divulgativa sobre o autoemprego e o cooperativismo para un grupo de 43 alumnos e alumnas do primeiro curso de formación profesional básica e de 4º da ESO.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela