aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Vendedores que venden. Marcelo Castelo
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


15/03/2017:  Charla “Emprender: unha opción de futuro” e visita ao viveiro de empresas de Riveira

A Cámara de Comercio de Santiago e o Concello de Riveira organizan mañá xoves, 16 de marzo, unha xornada informativa para fomentar o emprendemento entre a mocidade. En primeiro lugar, a técnico da Cámara de Comercio de Santiago, Sandra Becerra, ofrecerá unha charla no Colexio Galaxia de Riveira para un grupo de 29 alumnos de 1º de Bacharelato, ás 9:15 horas. A conferencia, “Emprender: unha opción de futuro”, centrarase nas principais directrices sobre emprendemento empresarial e autoemprego, co obxecto de contribuír ao desenvolvemento das calidades persoais relacionadas co emprendemento, fomentar as iniciativas emprendedoras desde o ámbito educativo, e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como una alternativa laboral digna e viable. Ademais, Sandra Becerra comentará os principais servizos de creación de empresas que presta a Cámara de Comercio aos emprendedores e empresarios da demarcación cameral. 

A continuación, ás 11:30 horas, os estudantes coñecerán de primeira man o funcionamento do viveiro de empresas de Riveira, situado no edificio do antiguo matadoiro municipal. A incubadora oferta dez despachos para que os novos emprendedores poidan iniciar a súa actividade. Inaugurada hai exactamente un ano, a incubadora acolle actualmente tres proxectos empresarial, aos que a Cámara de Comercio, a través da sinatura dun convenio de colaboración co Concello de Riveira, ofrece asesoramento aos usuarios da instalación.

Durante a visita, o personal trainer Jonatan Fernández, un emprendedor que se acaba de instalar no viveiro cunha empresa de xestión deportiva e preparación física, e Silvia Rodríguez, da consultoría Nórtica especializada en proxectos de I+D+i, contarán a súa experiencia emprendedora aos alumnos e alumnas do Colexio Galaxia.

 

 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela