aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Ciclo de Conferencias Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


17/02/2017:  O novo decreto de vivendas de uso turístico só afectará ás que se aluguen por un período inferior a 30 días máis dunha vez ao ano

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou onte nunha sesión informativa celebrada na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela que o novo decreto de vivendas de uso turístico só afectará a aquelas que se aluguen para unha estadía de curta duración -inferior a trinta días consecutivos- dúas o máis veces ao ano. O presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, e o director de Competitividade de Turismo de Galicia, José Luis Maestro, asistiron á xornada.        

Nava Castro sinalou que con esta nova normativa a Xunta cumpre unha demanda tanto do sector hoteleiro como do sector de aluguer de vivendas de uso turístico, as administracións, consumidores e usuarios que viñan solicitando unha regulación que cubrira o baleiro legal ocasionado pola exclusión desta tipoloxía. 

O novo decreto busca, así, erradicar as problemáticas máis relevantes vinculadas á tendencia de alugar por días ou semanas a vivenda habitual para fins turísticos ofrecendo un marco de seguridade xurídica tanto aos particulares e a todo o sector turístico como aos usuarios.

A responsable de Turismo de Galicia lembrou que a normativa, que entrará en vigor o 10 de maio, só esixe a súa inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia (REAT) e que sexa unha vivenda legal amoblada e equipada en condicións de inmediata dispoñibilidade.

Xornadas informativas

Turismo de Galicia celebrou, por outra parte, no día de hoxe outra charla informativa en Ribadeo que contou coa participación do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

O obxectivo das xornadas é explicar os aspectos fundamentais do novo decreto e intentar resolver as dúbidas, preguntas e cuestións que poidan xurdir en relación co seu contido e aplicación.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela