aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Ciclo de Conferencias Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Jornada Empresarial Lufthansa sobre Oportunidades Comerciales en Alemania
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


13/02/2017:  A Cámara de Santiago achega ás empresas as súas actividades de formación, internacionalización e creación de empresas a través das redes sociais

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela afianza a súa presenza en Internet a través da súa páxina web, redes sociais e o boletín informativo. A web corporativa www.camaracompostela.com incrementa progresivamente as súas cifras de visitantes distintos e número de visitas, situándose nunha media mensual de 51.603 páxinas vistas en 2016 –cun incremento dun 25% respecto de 2015–, e unha media de visitantes distintos mensuais de 4.412, o que supón un incremento do 10% con respecto ao ano anterior. 

O técnico de Innovación da Cámara, Anselmo Díaz, sinala que a web é un escaparate sempre visible desde calquera punto do mundo, que permite manter aos interesados informados sobre as actividades e servizos da entidade. “Medir o tráfico web do noso sitio é o termómetro ideal para coñecer o seu rendemento” –explica–. 

Ademais, a Cámara de Comercio estende a súa información polas redes sociais, con máis de 2.000 Me Gusta en Facebook e 2.885 seguidores en Twitter, incrementando o seu impacto no social media en relación a 2015. O establecemento da marca Cámara neste tipo de canles interactivos permite achegar a entidade ás empresas da demarcación coa finalidade de presentarlles os servizos, proxectos, programas e coñecer as súas necesidades dunha forma organizada. Inclúe nos seus muros información relativa a eventos e actos da organización, cursos e xornadas de formación, actividades de internacionalización ou programas de creación de empresas. “A estratexia xeral da Cámara en marketing dixital e redes sociais consiste en orientar os esforzos para ser máis accesibles ás empresas da nosa demarcación” –apunta Anselmo Díaz–. 

Outras das ferramentas on line que emprega a Cámara de Comercio de Santiago é o boletín informativo, do que se enviaron 41 versións no último ano. Realízanse envíos de comunicacións a través de correo electrónico ás persoas interesadas en recibir información sobre cursos de formación ou accións de internacionalización que programa anualmente a entidade cameral compostelá. Na actualidade, reciben o boletín 4.966 inscritos.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela