aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
oferta formativa Ciclo de Conferencias Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Jornada Empresarial Lufthansa sobre Oportunidades Comerciales en Alemania
Jornada Empresarial Lufthansa sobre Oportunidades Comerciales en Alemania
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


08/02/2017:  Martiño Noriega falou da “Compostela desexada”

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela continúa en 2017 co seu ciclo de conferencias, destinado a analizar a situación económica, social e cultural do país, convidando a personaxes de gran relevancia nos diferentes ámbitos. O primeiro convidado foi o alcalde de Santiago, Martiño Noriega. O presidente da Cámara de Santiago, Jesús Asorey, foi o encargado de presentar a Noriega. 

Jesús Asorey explicou que hai tres liñas de fondo que deben conformar o horizonte compostelán. Por un lado todo o que ten que ver co Camiño de Santiago, a Catedral e o ano xubilar de 2021. “O fenómeno da peregrinación propiciou relevantes investimentos e actuacións en marcha por parte das Administracións central e autonómica. Pero fáltanos unha política turística coherente, máis activa e de consenso grande co sector, buscando sempre a amplitude de miras por parte de todos os implicados no ámbito local” –sinala–. 

A segunda liña de fondo vén descrita polas infraestruturas, para o que segundo Asorey se esixe unidade de acción, con un seguimento diario nos despachos e sobre o terreo. “Falamos da estación intermodal, do enlace orbital e das conexións coa área empresarial do Tambre e a Cidade da Cultura” –apunta–.

E a terceira, a reindustrialización de Santiago baseada en dous eixes estratéxicos: a biotecnoloxía e a segunda transformación da madeira, que o presidente da Cámara destaca como “un asunto de gran envegadura no que estamos a traballar arreo xa a Cámara e o Tambre co propio Concello, a Xunta e a Universidade”. 

Martiño Noriega Sánchez naceu na Coruña en 1975, é médico por vocación e profesión e licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago (USC), onde tamén obtivo o Diploma de Estudos Avanzados en Saúde Pública en 2010. Realizou a especialidade en Medicina de Familia na área sanitaria de Santiago, no Centro de Saúde de Fontiñas, e traballou posteriormente no 061 ata 2007. Criado no Ensanche compostelán, vive desde os 5 anos no concello de Teo, onde foi alcalde durante oito anos (2007-2015). Desde esa data, 2015, é o alcalde de Santiago pola formación política Compostela Aberta.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela