aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
oferta formativa Ciclo de Conferencias Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Jornada Empresarial Lufthansa sobre Oportunidades Comerciales en Alemania
Jornada Empresarial Lufthansa sobre Oportunidades Comerciales en Alemania
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


02/02/2017:  O conferenciante Marcelo Castelo dará as claves para eliminar o medo escénico e aprender a falar en público co fin de acelerar o desenvolvemento persoal e profesional na Cámara de Santiago

O experto en comunicación persuasiva e liderazgo, e único membro galego da axencia internacional Thinking Heads, Marcelo Castelo, impartirá o 6 de marzo dous seminarios na Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44). 

A primeira xornada, titulada “Bye bye medo escénico”, terá lugar entre as 9:30 e as 14:30 horas no salón de actos cameral. Está destinada a persoas que soportan unha gran ansiedade ante a posibilidade de ter que falar en público, ou que cando teñen que asistir a eventos sociais ou ser o centro de atención soportan un elevado estrés. “Se cando te levantas ante un grupo de persoas sintes que te convirtes en estatua de sal, ves como se paraliza a túa lingua, escoitas como o teu ritmo cardíaco se desboca, comezas a suar abundantemente ao tempo que a túa mente se queda en branco, é que precisas axuda con urxencia” –explica Marcelo Castelo.

O experto sinala que o medo a falar en público ou glosofobia é un sentimento tan habitual que está entre os cinco temores universais do ser humano, pero indica que este medo pódese superar, na maioría dos casos, dunha forma sinxela se se está disposto a saír da zona de confort. Considera que a habilidade para comunicar ante grupos é unha gran potenciadora de carreiras profesionais e de autoestima e, pola contra, argumenta que o medo escénico é un freo para o desenvolemento profesional e persoal.

 Falar para seducir

 E ligado a este sentir, Marcelo Castelo impartirá ese mesmo día pola tarde, entre as 16:00 e as 21:00 horas no salón de acto cameral, un seminario sobre “A arte de falar en público”. Na charla destacará a importancia da forma de comunicar e as súas consecuencias na vida persoal e profesional dos individuos. Marcelo Castelo dará as claves e técnicas para falar de forma persuasiva ante unha persoa ou un auditorio e poder presentar e defender con éxito ideas, proxectos ou mesmo servizos.

 Marcelo Castelo sinala que para desenvolver a capacidade de comunicarse de forma persuasiva, as persoas deben aprender a utilizar a linguaxe verbal e non verbal, as palabras e muletillas máis axeitadas, traballar a elocuencia e a voz, ademais de adaptar a linguaxe á audiencia e saber empregar corretamente a mirada e mesmo os silencios, e por suposto empregar o corpo como parte da mensaxe, con movementos de mans e outros xestos, todo acompañado dunha correta posta en escea e vestiario axeitado para a ocasión.

 “É máis importante como transmitimos a mensaxe que a mensaxe en si mesma. Toda a nosa xestualidade ten que ter coherencia coa comunicación verbal. Pero que ninguén se crea que a persuasión é só unha fachada. Se fose tan sinxelo todos lograriamos sempre o que nos propoñemos e todos os actores cumprirían os seus soños e iso está moi lonxe de ser unha realidade” –apunta–.

 Na xornada, Marcelo Castelo considera que os asistentes aprenderán a utilizar a comunicación como unha fortaleza, “forxando a capacidade de persuasión e liderazgo, expresando con convicción e elocuencia, defendendo proxectos ou ideas con contundencia”, ademais de aprender a sacar o lado máis seductor, incrementar a seguridade persoal, fortalecer a autoestima e conseguir máis recoñecemento profesional.

 Marcelo Castelo é o único integrante da axencia internacional Thinking Heads que desenvolve a súa actividade profesional en Galicia, acompañando a figuras destacadas como Mario Vargas Llosa, Joseph Stigliz, Mijail Gorbachov ou Felipe González. É autor da teoría de comunicación “La transición de fase” e do libro “El cliente ha muerto. ¡Viva el cliente!”, obra recomendada pola Asociación Española de Responsables de Compras y Aprovisionamientos (AERCE). O experto en comunicación persuasiva e liderazgo é tamén locutor da Cadena SER no programa semanal ¡Shhh! ¡No me lo digas!

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela